Por Europa Press / Redacción | Xirona | 09/04/2021 | Actualizada ás 15:18
O home que foi detido este xoves por circular en dirección contraria e cun cadáver de copiloto pola AP-7 no Baix Empordà (Xirona) pasará a disposición xudicial este sábado, informaron os Mossos d'Esquadra.
O cadáver estaba nun "importante estado de descomposición" e os Mossos achárono despois de parar o condutor, que sufriu un accidente á altura de Jafre (Xirona) tras circular 30 quilómetros contra dirección.
Fontes próximas á investigación informaron que o condutor, de 66 anos, explicou aos axentes que era a parella do falecido, de idade avanzada.
O detido é nado en Galicia e ten dobre nacionalidade, española e suíza, e a policía catalá está a levar a cabo xestións para pescudar se fixo unha ruta por varios países antes de chegar ao Baix Empordà.
Á espera dos resultados da autopsia, dos que o xuíz instrutor disporá este sábado, a policía catalá informou o xoves de que non se observaron "indicios claros de criminalidade" no corpo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.