Comeza en Oleiros a rodaxe da miniserie sobre a xornalista galega Sofía Casanova

Producida por Zenit Televisión, este audiovisual conta con Isabel Naveira como actriz protagonista.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2021 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

A miniserie “Sofía Casanova, a obreira do pensamento” comezou este luns a súa rodaxe en Galicia. As gravacións terán lugar íntegramente na provincia da Coruña, a maioría no concello de Oleiros, nas localidades de Lorbé e Mera. Ademais, a rodaxe tamén se trasladará aos concellos Touro e Santiago de Compostela.

Imaxe dun momento da rodaxe da miniserie 'Sofía Casanova, a obreira do pensamento'
Imaxe dun momento da rodaxe da miniserie 'Sofía Casanova, a obreira do pensamento' | Fonte: remitida

ELENCO GALEGO E FEMININO

O equipo de rodaxe de ‘Sofía Casanova, a obreira do pensamento’ é galego na súa totalidade

e con mulleres á fronte, tanto no equipo de dirección coma no elenco. A miniserie está dirixida por Zaza Ceballos e Noelia Muíño e no equipo de guión conta con Rosa Castro. No papel de Sofía Casanova está Isabel Naveira, recoñecida actriz galega que participou en

series como Matalobos, Fariña ou Vis a Vis. A miniserie conta tamén no seu elenco con outros grandes nomes do audiovisual galego como Tito Asorey, Paula Cereixo, Mercedes Castro e Nuncy Valcárcel. No equipo artístico tamén atopamos nomes de referencia: Alberte Branco como director de fotografía, Antonio Pereira como responsable de Arte e Manu Conde como encargado da música.

‘Sofía Casanova, a obreira do pensamento’ é unha producción de Zenit Televisión

coa participación da Corporación Radio Televisión De Galicia e co apoio económico da Xunta de Galicia.

SOFÍA CASANOVA, INTELECTUAL GALEGA

Sofía Casanova é recoñecida mundialmente polas súas crónicas e escritos xornalísticos,

sendo a primeira muller do Estado correspondente de guerra. O filme tratará, pois, a parte profesional desta intelectual galega pero tamén afondará na súa faceta máis persoal dando

unha visión ampla da súa figura. "'Sofía Casanova, a obreira do pensamento' abranguerá non só á Sofía xornalista senón tamén á Sofia muller, nai e esposa que chegou a Galicia para superar unha fonda crise existencial", indica a produtora nun comunicado. A miniserie contará tamén a especial relación que tivo Sofía Casanosa con Pepa, a súa criada en Mera que se converteu na súa mellor amiga e aliada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta