En Galicia a proclamación da República foi recibida con gran entusiasmo e manifestacións populares. Vigo é unha das primeiras cidades de todo o Estado español onde ondea a bandeira republicana e anúnciase desde os balcóns do Concello, a noticia da declaración da Republica.
Coa declaración da República os galeguistas e de Buenos Aires creen que chegou o momento de presionar no propio Estado español, para que o futuro goberno recolla as aspiracións nacionais de Galicia. Esta análise dos sectores máis avanzados da colectividade galega do Río da Prata, impulsan o envío dunha delegación, para que participe do proceso electoral constituínte.
O 7 de maio de 1931 a Xunta Executiva da Federación de Sociedades Galegas acorda a delegación que irá a Galicia: Estaba composta por Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo, Branco Amor, Francisco Regueira e Pedro Campos Couceiro. Mentres que por Uruguai os galeguistas republicanos envían ao poeta Xulio Siguenza.
Branco Amor por falta de recursos económicos, non poderá viaxar cos seus compañeiros, sumándose tempo despois en calidade de correspondente de prensa.
Así escribiu a Federación de Sociedades Galegas Agrarias e Culturais unha páxina gloriosa da historia de Galicia e o Estado español.
Aqueles berros de esperanza seguen vixentes entre os pobos de España.
Viva a Republica española!
Viva a Republica Galega!