Quen é quen na Executiva de Besteiro

O novo líder do PSdeG contará coa maior parte das familias socialistas. Renova a Executiva no 92% co obxectivo de unificar o partido e potenciar a súa presenza nos sectores sociais. Sen embargo, xurdiu malestar en diversos sectores.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 30/09/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Pilar Cancela, Valentín González e Luis Angel Lago Lage serán os piares do novo proxecto político de Besteiro. Os tres son persoas da súa confianza, aínda que teñen tamén boas relacións con outros pesos pesados do partido. González e Lago Lage con José Blanco e Cancela con Ricardo Varela e Xosé Sánchez Bugallo.

Nova Executiva do PSdeG con Besteiro ao fronte
Nova Executiva do PSdeG con Besteiro ao fronte

Os tres manexarán as principais áreas do novo partido de Besteiro; Cancela a Secretaría de Organización e Valentín González a de  Política Municipal, tal e como xa adiantou GC na noite do pasado sábado, e Lago Lage a de Administración e Acción Electoral.

O novo líder socialista tentou, incluir, na súa Executiva a algunha persoa das distintas correntes. Con todo, a maior parte delas caracterízanse, sobre todo, pola súa afinidade con Besteiro, aínda que poidan pertencer a outras familias do PSdeG.

Os novos dirixentes do PSdeG

Así, David Regades, secretario de Políticia Industrial, é concelleiro en Vigo e home de confianza de Abel Caballero.

Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG
Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG

Pedro Armas, de Políticas Demográficas, Estudos e Programas, coruñés e próximo a Mar Barcón.

Guillermo Meijón, Relacións Institucionais, de Pontevedra e do sector de Antón Louro e Modesto Pose.

Xaime Barreiro, Economía. É de Santiago e home da confianza de Pepe Blanco. Foi portavoz no Senado na última época de Felipe Gonzalez e rescatado para o ministerio de Fomento por Blanco. 

Agustín Fernández, Política Fiscal e Financieira. Alcalde de Ourense e enfrontado a Pachi Vázquez.

Olga Alonso, Reactivación do Emprego. Vigo, ex secretaria comarcal de UXT, próxima a Abel Caballero e Hector Santos.

Iván Puentes, Dereitos Cidadáns e Movementos Sociais. Fene. Un dos líderes de Novo Socialismo Galego.

Tania García, Política Social. Vilagarcía. É do sector Modesto Pose e actual secretaria de organización provincial de Pontevedra.Tamén forma parte de Novo Socialismo Galego.

Eva Martínez, Igualdade. É de Ferrolterra e persoa próxima a Beatriz Sestayo.

Isabel Rodríguez, Saúde. É de Viveiro e besteirista.

Margarita Iglesias, Defensa das Pensións Públicas. A Coruña. Próxima a Caamaño.

Luís Gómez Piña, Política Territorial. É un dos dous supervintes da Executiva de Pachi Vázquez. Fundador da plataforma Somos Socialismo que se integrou con Besteiro antes das Primarias. Vai pola cuota territorial da comarca do Condado-Paradanta. Estivo Enfrentado a Modesto Pose do que foi o seu ex secretario de organización.

Fe Álvarez Sánchez, Economía Rural e Desenvolvemento Sostible

María del Carmen Casalderrey, Economía Pesqueira. As Nogais, Lugo. É besteirista.

Manuel Mirás, Traballo Autóomo.  Alcalde de Oroso. Próximo a Caamaño.

José Manuel Pequeno, Comercio. Da Coruña, próximo a Caamaño e a Valentín González.

Marcos Blanco, Turismo. Alcalde de Rivadavia e da confianza de Pachi Vázquez.

Yolanda Rodríguez, Patrimonio. É de Tui, do sector de Luis Piña e ocupa a cota territorial da Comarca do Baixo Miño-Porriño.

María Irene Dacal Feijóo, Dependencia. É de Valdeorras e enfrontada a Pachi Vázquez.

Ramón Alonso, Relacións coas comunidades no exterior. É rexedor de Entrimo e independente.

Belén Louzao, Solidariedade e Cooperación. É portavoz no concello da Estrada e deo Sector de Modesto Pose.

Domingo Couselo, Innovación. É de Santiago e membro de Novo Socialismo Galego.

Yolanda Otero, Política Lingüística. Cercana a Pachi Vázquez. É experta en política lingüísica, secretaría de nova creación xa que ata agora non existía no organigrama de dirección deste partido.

Xosefa Hermo, Formación. É da Coruña e próxima a Caamaño.

Distribución territorial

En canto á distribución xeográfica, cinco dos integrantes da directiva socialista son da provincia de Lugo, comezando polo propio Besteiro --representando á cidade principal--, e outros cinco proceden da outra provincia oriental, Ourense, encabezados polo alcalde da capital.

Pontevedra conta con oito representantes, dos que dous son da capital e outros dous, de Vigo, a agrupación máis numerosa do PSOE en Galicia. Finalmente, A Coruña acumula 11 dos 29 membros da dirección e, deles, un corresponde á cidade herculina, outro a Ferrol e dúas á capital galega.

Malestar

A pesar de que hai pesoas de case todas as familias socialistas nesta Executiva, o certo é que moi poucas delas saíron contentas deste congreso. Quedou sen representación Esquerda Socialista e a plataforma 'En Positivo, por un Novo Proxecto Socialista Galego' aínda que se falaba da inclusión dalgúns membros das dúas correntes por Lugo --a primeira-- e por Pontevedra, a segunda.

De feito, e segundo as fontes consultadas, "hai un fondo malestar" no sector de Ourense que controla Pachi Vázquez e tampouco quedou contento o de Caamaño na Coruña. Tamén Beatriz Sestayo amosou a súa disconformidade coas persoas elexidas, segundo estas fontes. "E Vigo non sabe nin contesta", engaden.

"A Executiva é moi floxiña", apunta outro dirixente consultado. "Nun congreso hai quen gaña e quen perde e eu quedei coa sensación de que perderon moitos e non gañou ninguén e de que se pechou unha excelente oportunidade para este partido", engade. 

Estas fontes sinalan que como mostra deste rexeitamento a Executiva obtivo só o respaldo do 65% dos compromisarios presentes.

Un novo PSdeG máis "combativo"

Sen embargo, outras fontes apuntan que esta nova dirección demostra que Besteiro quere "poñer orde nesta casa dunha vez por toda" e "facer política que é o que non se facía ata o de agora".

Este dirixente suliña que na Executiva "están representadas todas as sensibilidades" do PSdeG pero suliña que o obxectivo de Besteiro "non é repetir o modelo de Pachi Vázquez", senón de crear un partido "combativo na rúa e dialogante con todos os sectores sociais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

2 xana

de Caamaño? de Bugallo? Non acertas Xurxo. Cambia de informadores.

1 Papoula

o que ten na executiva é a aqueles que executaron a Touriño e que estando con Pachi vendéronno en canto non lle foi polo rego a cousa... non tardan 6 meses en mallar a Besteiro, este dicia querer unha executiva de cascos azuis e o que fixo foi unha executiva de talibáns. Que lle preste!