Galicia avanza na exportación de produtos químicos, pero diminúe o de instrumentos científicos

O comercio exterior de produtos galegos de alta tecnoloxía rexistra un saldo positivo de 114,1 millóns en 2020.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2021 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

O comercio exterior de produtos de alta tecnoloxía rexistrou un saldo positivo de 114,1 millóns de euros en 2020, con exportacións por valor de 389,8 millóns e importacións por un importe de 275,7.

Así o recollen os datos avanzados correspondentes ao pasado exercicio que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

En concreto, o saldo máis avultado é o que se anota o comercio exterior de produtos químicos, con 207,39 millóns de euros (exportacións por 236,92 millóns e importacións por 29,52).

Mentres, o saldo negativo maior foi o contabilizado para instrumentos científicos, de -83,02 millóns de euros, tras exportar por valor de 12,62 millóns pero con importacións por uns 95,64 millóns.

Laboratorio de coronavirus do CNB-CSIC. ©AMG FOTOGRAFA
Laboratorio de coronavirus do CNB-CSIC. ©AMG FOTOGRAFA | Fonte: ÁLVARO MUÑOZ GUZMÁN - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta