Unha multitudinaria concentración de coches na Coruña acaba con 28 sancións

Algúns realizaron "manobras temerarias e neglixentes".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/04/2021 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

A Policía Local da Coruña impuxo 28 sancións no polígono de Vío ante a constancia dunha concentración de vehículos con realización por parte dos condutores de "manobras temerarias e neglixentes", informa.

Os feitos producíronse na xornada da tarde do pasado venres e tívose constancia tras ter tamén queixas de veciños das vivendas máis próximas derivadas polo alto volume da música, derrapes e aceleracións por parte dalgúns condutores.

Durante o control realizado, sinalan desde a Policía Local, realizáronse comprobacións sobre os vehículos e persoas condutoras, así como das medidas ditaminadas polas autoridades sanitarias debido á pandemia da Covid-19.

En total, tramitáronse 28 denuncias: 10 por non ter pasada a ITV, unha por non ter o seguro do vehículo ao corrente, oito por condución temeraria, seis por reformas de importancia, un positivo en drogas, un positivo en alcol e un por aparcar en dobre fila.

Desde a área de Seguridade Cidadá lembran que os viarios e terreos que integran este polígono forman parte do viario municipal e que son vías abertas ao tráfico e á circulación no que rexen e son de aplicación as normas de seguridade e a ordenanza municipal.

Control policial
Control policial | Fonte: Policía Local.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta