A Audiencia di que as estatuas do Mestre Mateo en posesión dos Franco son "de propiedade civil"

Revoga o depósito mobiliario do Pazo de Meiras e apunta a outro preito para que o Estado recupere bens.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2021 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

A Sección Terceira Audiencia Provincial da Coruña revoga o depósito mobiliario a favor do Estado do Pazo de Meirás, é dicir, determina a demanda da parcela catastral feita pola Administración que non inclúe "mesas, vaixelas, alfombras ou cadros".

Nunha resolución xudicial, estimou o recurso presenado pola familia Franco, que deberán ser "indemnizados" polos danos e prexuízos que lles puido ocasionar esta situación. Desta forma, quedouse sen efecto o auto do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña no que se ordenaba depositar a favor do Estado todos os mobles e elementos accesorios do pazo de Meirás.

Os maxistrados deixan aberta a posibilidade de que o Estado poida reclamar noutro preito a titularidade dos mobles que considere Patrimonio Nacional asignados ao xefe de Estado.

Ademais, no auto, o tribunal lembra que só as dúas estatuas do Mestre Mateo están catalogadas como Ben de Interese Cultural, á vez que sinala que a Lei de Patrimonio de Galicia "non establece ningunha perda de propiedade civil" por parte dos titulares deses bens polo feito de estar catalogados.

Estatuas de Isaac e Abraham, obras do Mestre Mateo, en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Estatuas de Isaac e Abraham, obras do Mestre Mateo, en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta