Entregan máis de 1.000 kg de alimentos solidarios no Barrio de Conxo

A recollida correu ao cargo de Estudantes Antifascistas e a A.V. Conxo Aberto.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O barrio compostelán de Conxo foi escenario, no xoves 21 de abril, dunha entrega de máis de 1.000 kg de alimentos solidarios. Así o anunciou a plataforma Estudantes Antifascistas, que explicou que a recollida e entrega de alimentos se desenvolvera man a man coa asociación veciñal Conxo Aberto e co obxectivo de “paliar a grave situación económica pola que atravesan un cada vez máis número de familias da clase traballadora”

Hospital psiquiátrico de Conxo, en Compostela.
Hospital psiquiátrico de Conxo, en Compostela.

O acto da entrega dos víveres --non perecedeiros-- foi conducido pola integrante da plataforma Clara Barreiro, que se encargou da presentación da iniciativa na que logo interviron Ricardo de la Iglesia, da parte da directiva de Conxo Aberto, e Anjo Formoso, en representación de Estudantes Antifascistas. Segundo apuntan dende a organización, os “sacos” de produtos foron entregados a un total de 25 de familias.

Anjo Formoso, encargado da lectura dun discurso en representación da plataforma antifascista, aproveitou para subliñar a a importancia da "crise estrutural do capitalismo, agravada pola crise sanitária e económica derivada da pandemia da COVID-19" na perda de poder adquisitivo e as dificultades materias de moitas familias. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta