Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2021 | Actualizada ás 13:24
As residencias de Galicia seguen desde o pasado venres, 16 de abril, sen contaxios de Covid-19, por segunda vez na pandemia tras estar sen casos positivos varios días en xullo do pasado ano.
Segundo informou este venres a Consellería de Sanidade, non hai ningún caso nin entre usuarios nin traballadores en residencias de maiores nin en centros de discapacidade. Esta situación mantense despois de que, durante a terceira onda do coronavirus, as residencias galegas rexistrasen un pico de 466 usuarios infectados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.