A Xunta estima que en xullo "se poidan tomar copas" en pubs e discotecas

"Se todo vai mellorando, que mellor que acabar unha noite de verán podendo tomar unha copa", apunta o vicepresidente da Xunta que, aclara, será con "requisitos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2021 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, situou en xullo "o horizonte" que manexa o Goberno galego para reabrir o lecer nocturno "se todo vai mellorando" no que respecta á situación epidemiolóxica de Galicia.

Durante unha entrevista concedida este domingo á Cadena Ser, recollida por Europa Press, Rueda mostrouse optimista sobre a futura reactivación do sector: "Se todo vai mellorando, que mellor que acabar unha noite de verán podendo tomar unha copa". Para iso, a Xunta deseña xa unha proba piloto que realizará en maio "ou como moi tarde en xuño" en varios locais que sexan "representativos" do lecer nocturno en Galicia. Iso si, advertiu que esta reactivación "non será en condicións normais", senón que haberá "uns requisitos".

"COBERTURA XURÍDICA" A PARTIR DO 9 DE MAIO

En calquera caso, o vicepresidente primeiro da Xunta reprochou ao Goberno central que, cando o 9 de maio decaia o estado de alarma, as comunidades non vaian ter "cobertura xurídica" para xestionar a pandemia.

A partir desa data, as administracións autonómicas terán que acudir aos tribunais para "tomar cada decisión" que afecte a dereitos fundamentais. Tras meses nos que a Xunta se mostrou contraria ao estado de alarma como instrumento para combater a covid, Rueda afea agora que non haxa unha alternativa legal: "O Goberno central tivo un ano para facer unha lei que moitas comunidades lle estamos pedindo para xestionar a pandemia".

Neste sentido, defendeu a polémica reforma da Lei de Saúde de Galicia, coa que o Executivo galego "só quería ter esa cobertura xurídica", fronte ao recurso de inconstitucionalidade exposta polo Estado.

ELECCIÓNS EN MADRID

Para Rueda, Pedro Sánchez anunciou o fin do estado de alarma para lanzar a mensaxe de "que ben o fai o Goberno central" semanas antes das eleccións da Comunidade de Madrid, que se celebrarán este martes, 4 de maio.

Nesta conxuntura, o tamén presidente do PP na provincia de Pontevedra expresou o seu optimismo co resultado que vai conseguir a candidata popular, Isabel Díaz Ayuso, á vez que negou que haxa un xiro á dereita na formación.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, nunha entrevista na Cadea Ser.. CADEA SER
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, nunha entrevista na Cadea Ser.. CADEA SER | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta