Coñecemos a este empresario e retranqueiro axitador de redes sociais natural da Pontenova, artífice da popularidade actual da Discoteca Hermo de Muimenta e impulsor doutros negocios relacionados co lecer nocturno na provincia de Lugo.
  comenta   0
Esta medición responde ao control do Concello tras a reapertura da sala, que se produciu en novembro do ano pasado. Permanecera varios meses pechada por orde municipal tamén debido a un exceso de decibeis detectado noutra medición.
Son case un 30% menos que o pasado ano segundo a Federación Galega de Salas de Festa e Discotecas (Fesdiga).
  comenta   0
O porteiro requiriu ao denunciante para que saíse do local, ao queixarse unha camareira do seu comportamento. No exterior, o cliente, que se atopaba "fortemente intoxicado polas sustancias que inxerira esa noite", tentou volver ao interior do establecemento, o que o acusado non lle permitiu. Un empurrón "non moi forte" fixo que saíse impulsado ata a calzada, por onde pasaba un coche.
A previsión da Xunta é realizar case 350 inspeccións tanto en instalacións sometidas a regulamentos de seguridade industrial, como vén sendo habitual, como no sector hoteleiro, diferentes espazos de lecer e gardarías.
  comenta   0
O festival Costa Feira acolleu na súa sesión de madrugada a estas dúas DJ's e produtoras musicais que o están petando coa súa música e os seus 'looks'.
  comenta   0
Actualmente presenta o programa Raíña-Me! de AGalega.gal e repasamos da súa man a situación do mundo drag en Galicia no marco da semana do Orgullo.
  comenta   0
Vigo sitúase á cabeza con diferenza, coas festas de Coia e o verán como picos de ruído. Lugo, pola contra, perde ruído nos meses de verán, cando a xente deixa a cidade. Outras cidades como é o caso de Ferrol xa non manifestan niveis de contaminación acústica elevados en ningún mes do ano 2023.
  comenta   0
Aconteceu nun reservado da discoteca Amura, do Grupo Pelícano, onde cinco mozos se enfrontaron con golpes e patadas contra un dos porteiros do local durante a madrugada do venres ao sábado.
O Concello sinala que a actividade estará suspensa ata que "se corrixan as deficiencias" e espera que se solucionen "canto antes". O establecemento de lecer nocturno anunciou que pedirá a "nulidade das medidas".
  comenta   0
Asegurou este xoves que o autor da agresión non foi el, se non outro home que desempeñaba labores de seguridade no local de forma irregular. Dixo que non o delatou ata agora porque o dono da discoteca pediulles que non dixesen nada acerca del.
  comenta   0