O sector hostaleiro santiagués "valora positivamente" a regulación da mesa para a hostalaría

O concello presenta un borrador e espera que este en marcha "antes do verán".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2024 | Actualizada ás 16:39

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, avanzou que, o Concello, presentou unha proposta de regulación da mesa de hostalaría da cidade e espera que estea en marcha "antes do verán". Así o declarou este xoves tras a reunión que mantivo con asociacións de hostalaría da cidade compostelá, na que acordaron avanzar na regulación da conformación da mesa de hostalaría.

"Presentamos un borrador, para que xustamente as distintas asociacións validar e para a constitución desa mesa", explicou a rexedora. O documento recolle as regras de uso e de funcionamento, así como as entidades e as persoas con representación, as concellarías implicadas e os representantes dos diferentes grupos políticos da corporación municipal. Ademais, recolle a posibilidade de que asistan persoas expertas ou doutras entidades para temas concretos.

Desta forma, terán un "prazo razoable", duns 15 días, para poder dar o visto e prace definitivo a ese regulamento e, posteriormente, irá a comisión informativa e despois a pleno. Con todo, "espera que antes de verán" estea constituída a mesa de hostalaría. Pola súa banda, o sector hostaleiro "valora positivamente" a creación desta mesa que era unha petición súa e á que o goberno municipal dá resposta.

A formación desta mesa, puntualizaron, é unha "demanda histórica" xa que, as decisións sobre a hostalaría "deben ser consensuadas" e que en "ningún caso" a hostalaría pode ser "a cabeza de turco", nin "unha bala coa que disparar dun lado a outro, nin dentro do goberno, nin de fóra para dentro, nin de dentro para fose".

PROBLEMA DE RUÍDO EN SANTIAGO

A presidenta da Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago, Lucía Vázquez, cuestionada sobre o ruído en Compostela, incidiu en que "non están en absoluto" preocupados porque sexa unha "cidade ruidosa" e considera que "non hai un problema endémico" de ruído.

"Pode haber puntualmente algunha zona nun momento moi concreto que haxa ruído na rúa, é certo, como é normal en calquera cidade universitaria ou en calquera cidade onde haxa vida", esgrimiu. Particularmente, consideran que Compostela "non é unha cidade ruidosa" e incide en que a campaña 'Fala Baixiño' "funciona ben", sumado á presenza policial que se incrementou "de forma positiva" para "conseguir mitigar os desenfreos" que se poden dar "puntualmente".

INSPECCIÓNS NA HOSTALARÍA

Cuestionados sobre as inspeccións na hostalaría compostelá a raíz do incendio nunha discoteca, o sector enxalzou que "hai unha grande satisfacción" por parte do goberno municipal sobre o resultado desas investigacións.

Polo que, "tal e como eles dicían e prevían", demóstrase que o sector e a actividade hostaleira na capital galega é "totalmente segura" e queren alcanzar acordos para facela "aínda máis segura".

"Iniciouse a primeira fase das inspeccións, algunhas delas están en marcha, pero como comentamos existe unha satisfacción importante porque delas o que se derivou era algo no que nós tamén insistiamos, en que a hostalaría de Santiago é segura", exaltou a alcaldesa. Por mor diso, o que solicitan son "melloras razoables" que fagan posible que haxa unha "maior seguridade se é posible" e as inspeccións seguirán.

Dous peregrinos fronte a un local de hostalaría en Santiago de Compostela
Dous peregrinos fronte a un local de hostalaría en Santiago de Compostela | Fonte: César Arxina - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta