Francisco Caamaño, catedrático de Medicina Preventiva da USC, celebra a boa intención do novo proxecto de lei aprobado polo Goberno, pero amósase expectante por ver como se materializa na práctica, pois lembra que "foron moitas as leis que o 'lobby' do alcol conseguiu tombar antes da súa aprobación definitiva".
  comenta   0
A banda fixo varios asaltos violentos, incluíndo ameazas cunha pistola de fogueo, e causaron danos a propiedade pública e privada.
O texto saíu aprobado nunha reunión en Bruxelas coas únicas abstencións de Alemaña e Grecia, pero cunha declaración anexa de Italia e Romanía moi crítica co proceso para tramitar esta recomendación e que cuestiona a base científica para soster que os riscos pola exposición ao vapeo xustifican ampliar a estes produtos as mesmas restricións que ao tabaco tradicional. España respalda ao completo a recomendación.
  comenta   0
Nun comunicado, a Benemérita informou de que os feitos ocorreron entre os meses de outubro e novembro en cinco bares situados nas zonas de Praia América e Ramallosa e en dúas vivendas de Nigrán. Por eles tamén se investiga a outra persoa de 26 anos de idade.
Dende o Galicia Confidencial falamos co director da Federación Galega de Comercio (FGC), José María Seijas, que aposta por relaxar os trámites burocráticos e dar incentivos aos máis novos para que se animen a tomar as rendas destes locais nos que garantir o relevo xeracional é fundamental para a súa subsistencia.
  comenta   0
Por provincias, a repartición destes 26 establecementos galegos é o seguinte: lidera A Coruña, con nove; séguelle tanto Lugo como Pontevedra, ambas as con sete; e Ourense, con tres.
  comenta   0
O home supostamente usurpaba vivendas deshabitadas para aloxarse tras acceder a elas a través do método "bumping" e abrir as fechaduras sen chave.
O xoves 26 de setembro deu comezo o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. Fíxoo con este ciclo consolidado de narración oral que contou nesta xornada inaugural coa presenza de Federico Pérez.
  comenta   0
A Xunta de Galicia ten unha guía de boas prácticas para o deseño de terrazas no espazo público. Aquí tes os puntos resumidos. Xulga ti mesmo se coñeces algunha que os cumpra. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recoñece que "salvo que estean en contornas relacionadas con patrimonio", "a maioría é certo que dependen da boa vontade".
  comenta   0
Aínda que semella que esta zona xa está completamente masificada polo turismo, aínda quedan algúns recunchos que só coñecen os locais onde desfrutar da tranquilidade e a beleza natural desta contorna.
  comenta   1
Vigo sitúase á cabeza con diferenza, coas festas de Coia e o verán como picos de ruído. Lugo, pola contra, perde ruído nos meses de verán, cando a xente deixa a cidade. Outras cidades como é o caso de Ferrol xa non manifestan niveis de contaminación acústica elevados en ningún mes do ano 2023.
  comenta   0
Santiago celebra o Pint of Sciencice, unha cita internacional de ciencia que traerá 12 charlas de destacados investestigadoras e investigadores sobre diferentes temas científicos.
Previsiblemente será este próximo venres cando o Ministerio de Sanidade aprobe o borrador do 'Plan Integral de Prevención e Control do Tabaquismo 2024-2027', que incluiría tamén a prohibición de vapeadores con aromas.
  comenta   0
Sobre as 13.00 horas, Salvamento Marítimo da Coruña escoitou por radio que o pesqueiro informaba de problemas no motor principal.
“Essas criaturas tinham todas vendido a alma a um diabo da plebe infernal, avarento de sordidezas e de relaxamentos” (Livro do desassossego, Fernando Pessoa).
  comenta   0
Reflexionemos xuntos sobre o estado da cuestión do tabaquismo social, ese que comeza cando o fume do cigarro dun terceiro chega ao meu nariz e contamina o aire que eu respiro. Ou cando as cabichas, que algúns dos que fuman guindan, contaminan praias ou beirarrúas... Un tema, sen dúbida, polémico...
  comenta   0
O secretario de Estado do Ministerio de Sanidade, Javier Padilla, asegurou que este xoves o Ministerio vai trasladarllo as comunidades.
  comenta   0
O concello vén de publicar as bases de participación da primeira edición deste certame destinado á participación de todo o tecido hostaleiro da vila. Terá lugar os días 14, 15 e 16 de marzo, coincidindo coa celebración das festas patronais de San Lázaro.
  comenta   0
César Sánchez-Ballesteros, presidente da Federación de Hostalería de Pontevedra (Feprohos), asegura que, "con esa normativa, ao final o que ten máis risco de ser sancionado, aparte ou máis que o fumador, adoita ser o hosteleiro". Se o cliente se nega a soltar o pitillo, como ten que actuar o dono do local?
  comenta   0
É habitual e está socialmente aceptado o ver colas de xente agardando para comprar os seus boletos de lotaría. Dun tempo a esta parte tamén se popularizaron os rascas. E, como advirte Gerardo Rodríguez, vogal de Agalure, dun ano a esta parte chéganlles mozos de entre 18 e 25 anos enganchados ás tragaperras, algo que antes non era o habitual, pois a súa adicción partía máis das apostas deportivas ou da ruleta.
  comenta   0
O director técnico da Asociación Galega de Xogadores Anónimos, Juan Lamas, asegura que mesmo a través dos videoxogos que contan co modelo 'free to play-pay to win' ou de 'lut boxes' "estase inculcando aos rapaces a mentalidade de que se tes diñeiro podes obter vantaxas a nivel social; nos videoxogos a vantaxa é a nivel do propio xogo, pero iso na mentalidade dun adolescente trasládase á vida real e a cartos reais".
  comenta   0