Dúas persoas investigadas como presuntas autoras de incendios rexistrados en Santiago e Outes

Os dous lumes estaban relacionados con queimas de restos vexetais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2021 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Autonómica, en colaboración con axentes ambientais, esclareceron dous incendios rexistrados nos municipios de Santiago de Compostela e Outes e investigan a dúas persoas como as súas presuntos autoras.

Diso informou a Vicepresidencia primeira da Xunta nun comunicado, no que sinala que Axentes da Xefatura de Santiago, en colaboración con persoal do Distrito Forestal III - Santiago Meseta Interior, aclararon un incendio ocorrido o pasado 16 de abril na parroquia de Santa Cristina de Fecha, en Santiago, no que arderon 0,56 hectáreas de superficie rasa.

En concreto, o incendio orixinouse cando o home investigado realizaba tarefas de limpeza cun tractor. Na extinción das chamas participaron dous axentes, un helicóptero, dúas motobombas e o GES de Brión. O atestado foi remitido ao Xulgado de Instrución de Garda de Santiago.

Os mesmos axentes, xunto co persoal do Distrito IV Barbanza, esclareceron outro incendio ocorrido igualmente o 16 de abril, na parroquia de Cando, concello de Outes, que afectou a 0,45 hectáreas de superficie rasa.

Segundo sinalou a Vicepresidencia primeira da Xunta, as chamas orixináronse debido a un escaque dunha queima, que a presunta autora realizaba sen adoptar as debidas medidas de precaución. Na súa extinción participaron un axente, unha brigada e unha motobomba. As dilixencias remitíronse ao Xulgado de Instrución en funcións de Garda de Muros.

Coche da Policía Autonómica
Coche da Policía Autonómica | Fonte: Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta