Ría de Ribadeo é a forma avalada por documentación e cartografía histórica, segundo un estudo do CCG

Destaca que a toponomia tradicional forma parte do patrimonio cultural inmaterial.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2021 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

A denominación Ría de Ribadeo é a forma que está avalada desde o punto de vista histórico segundo a documentación e cartografía histórica recompilada polo Consello da Cultura Galega (CCG) nun informe que apoia o mantemento do topónimo como está na actualidade.

"Ría de Ribadeo é a forma que avalan a documentación e a cartografía históricas ao longo dos séculos". Así o sentencia o CCG nas conclusións do informe, encargado pola Xunta tras a solicitude formulada polo Goberno do Principado de Asturias ante o Executivo central para o cambio do nome oficial a Ría do Eo.

Neste sentido, tras apuntar que a toponomia tradicional forma parte do patrimonio cultural inmaterial e, por tanto, debe ser protexida; o CCG sinala a existencia de informes previos que apuntan o emprego da denominación Ría de Ribadeo en mapas e cartas náuticas ao longo dos séculos por parte de autores de distintos países.

Un uso que, continúa o CCG, mesmo figura nos mapas e cartas de navegación de organismos oficiais, algo que, sumado ao anterior, reflicte que o topónimo "excede con moito o uso local e invalida o argumento de que poida tratarse dunha tradición exclusiva da beira occidental".

Por tanto, sentencia que a proposta do Goberno asturiano de cambiar o nome da ría é "unha acción de política lingüística que ten como efecto colateral introducir unha anomalía denominativa onde non a había" posto que a denominación Ría do Eo "non se produciu historicamente de forma espontánea".

Ría de Ribadeo
Ría de Ribadeo | Fonte: XdM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta