Por gcdeportes | Ourense | 21/10/2013 | Actualizada ás 00:32
Fucha técnica:
CD Ourense: Pato; Yosu, Pinillos (Juan Martínez, 76’), Portela, Capi (Gustavo Souto, 52’), Yebra, Iker Alegre, Álex Fernández, Oscar Martínez (Adrián Cruz, 52’), Javi Hernández e Borja Valle.
Tropezón: Pedro José Dorronsoro; Gonzalo, Pablo Crespo, Adrián Leon, Nando; Sergio Conde, Pablo Dorronsoro (Héctor, 83’), Luis Glez (Pedrajo, 83’), Perujo, Rafa e Álex (Fernando, 73’).
Goles: 1-0: Javi Hernández (30’). 1-1: Nando (42’). 2-1: Gustavo Souto (81’). 3-1: Javi Hernández (91’).
Árbitro: Carbajales Gómez (asturiano). Amarelas a Capi, Yebra e Gustavo Souto polo Ourense e a Pablo Crespo, Adrián León e Pablo Dorronsoro polo Tropezón. Expulsou a Sergio Conde no minuto 88 por dobre cartón.
Incidencias: o partido xogouse no estadio José Arjiz de Verín polos traballos para arranxar o terreo de xogo do Couto. O CD Ourense estreou nova equipación.
Xa o dixo Iker Alegre ao final: non xogou ben o Ourense, pero gañou, que é o importante. E foi a quinta vitoria consecutiva para o equipo de Luisito, que é novo líder do grupo I da Segunda B: 18 puntos, e cun partido menos que os que veñen atrás.
Os ourensáns saíron a por todas fronte a un Tropezón duro e peleón. Gustavo Souto tivo a primeira oportunidade no minuto dez, pero o meta visitante evitou o gol. Houbo moita loita no mediocampo ata que chegou o 1-0: foi obra de Javi Hernández no 30’. Tralo gol local, chegou a primeira ocasión do Tropezón, nas botas de Alberto Dorronsoro, á que respondeu Pato cun paradón. Foi un aviso do que viría: o empate, no 42, obra de Nando. Co 1-1 chegouse ao tempo de lecer.
Non lle gustou nada a José Luis Míguez como principiou a segunda parte, e axiña, no 52’, fixo un dobre troco: saíron ao campo Gustavo Souto e Adrián Campos. O técnico de Teo arriscaba e ía a polos tres puntos. Borja Valle, Óscar Martínez e Javi Hernández tiveron ocasións, pero pasaban os minutos e non chegaba o gol. Luisito meteu máis munición: Juan Martínez por Pinillos e defensa de tres. Houbo que agardar ata o 81 para o 2-1, que marcou Gustavo Souto coa testa tras centro de Borja Valle.
A vitoria estaba no zurrón. O cántabro Sergio Conde recibiu o segundo cartón a cinco minutos para o final. E Javi Hernández, outra vez, marcou a sentenza: 3-1 no desconto. O José Arjiz volveuse tolo coa vitoria dos seus, a sexta en oito partidos. Ademáis o Ourense é o equipo que menos goles encaixa na categoría (seis). Agora tocan dúas xornadas a domicilio: UD Logroñés e Caudal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.