O chancro e a avespa, dúas grandes ameazas para a castaña galega

Estas pragas poñen en perigo un dos alimentos máis característico do folclore galego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2021 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

O conselleiro de Medio Rural, José González, mantivo esta semana unha reunión con representantes da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia co fin de examinar os avances dos traballos levados a cabo pola Xunta para loitar contra o chancro --un tipo de cancro-- e a avispilla do castiñeiro.

Segundo informa o Goberno galego nun comunicado, o conselleiro definiu como "clave" a conservación e recuperación das castiñeiras galegas en xeral e da produción de castañas en particular.

Neste sentido, sinalou que se desenvolven nestas semanas a liberación do parásito 'Torymus sinensis' para combater a praga de avespas, á vez que se constata o asentamento do parásito noutras castiñeiras galegas. Ademais, recalcou que tras os tratamentos levados a cabo o ano pasado contra o chancro, preto do 40% das mostras analizadas cicatrizaron parcial ou completamente.

Así mesmo, José González lembrou as medidas contempladas no Plan Forestal de Galicia 2021-2040 co obxectivo de actuar sobre 8.000 hectáreas e recuperar as castiñeiras tradicionais, mentres que tamén se plantarán outras 16.000 hectáreas para a produción de castaña e xeración de madeira.

Castañas para o Magosto
Castañas para o Magosto | Fonte: mundohr.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta