Así é o outro Día das Letras Galegas: imaxinación, sentimento e moito amor polo idioma

Centros de todo o país realizaron nos últimos días interesantes propostas para coñecer a vida e obra de Xela Arias e para reivindicar a importancia do uso do galego. Eis algúns exemplos.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 17/05/2021 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

O idioma mámase desde a base, na familia e na escola. É aí onde a cativada aprende a importancia que ten usar e defender unha lingua e coñecela a través daqueles homes e mulleres que fixeron lingua e país a traves das palabras. Por iso, en numerosos centros educativos galegos realizáronse nos últimos días interesantes propostas. Aquí tedes algúns exemplos.

Coreografía sobre a vida e obra de Xela Arias
Coreografía sobre a vida e obra de Xela Arias | Fonte: O recuncho de Tambo

A PATRULLA CANINA EN GALEGO

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP da Ramallosa, en Teo, adaptou un capítulo da serie infantil "Patrulla canina". Nel os cans da patrulla van na procura do tesouro da lingua galega.  "Xurdiu pola faceta de tradutora da homenaxeada deste ano e pola preocupación que ten o profesorado do centro pola perda de crianzas galego falantes", apunta unha das promotoras, Laura García.

"Un dos motivos da perda de léxico na nosa lingua e mudanzas na estrutura ao modo castelán son favorecidas polo visionado dos deseños animados por parte do alumnado que non ten opción der ver na lingua galega", suliña. Pódese acceder a esta fantástica dobraxe deste capítulo da serie na web do centro.           

TELEXORNAL

No CEIP dos Dices, de Rois, o Departamento de Lingua Galega apostou por outro formato, un Telexornal sobre a vida e obra de Xela Arias que fixo o propio alumnado.

     

Tamén o alumnado de 5º de primaria do centro San Pío X de Ourense apostou por un breve repaso da vida e obra de Xela Arias



MÚSICA E BAILE

No CEIP Frei Luís de Granada, en Lugo, apostaron pola música e o baile para amosar as letras dos poemas da homenaxeada do Día das Letras


Tamén unha canción de Samuel Soto Macías sobre a vida de Xela Arias con debuxos do estudantado foi a proposta do Colexio Compañía de María de Cangas." Esta é unha adaptación con pictogramas para favorecer a comprensión da fantástica letra e conmemorar o Día das Letras Galegas 2021", apuntan.


     

PATRIMONIO

Tamén Valeria Seaxe Suárez, unha alumna de terceiro curso de primaria do Colexio de Barouta en Ames, ponlle voz e rostro a un vídeo dende o que a asociación de Patrimonio O Sorriso de Daniel ven de reivindicar a lingua como patrimonio.

O vídeo, realizado para celebrar o día das letras galegas, fai esta reivindicación enunciando palabras que os amantes do patrimonio usan habitualmente por tratarse de termos que designan elementos do patrimonio e que non queren que se perdan. O vídeo pode verse na web do Sorriso de Daniel

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta