Piden vacinar xa contra a covid-19 a todas as persoas con enfermidade mental

Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/05/2021 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

A xerente da Asociación Pro Enfermos Mentales da Coruña (APEM), Antía Muruzábal, demandou que se inclúa nos plans de vacinación as persoas usuarias dos centros de día, de rehabilitación psicosocial e pisos protexidos dos que dispón a entidade.

Unha sanitaria administra a primeira dose da vacina de Pfizer contra a covid-19 a un home
Unha sanitaria administra a primeira dose da vacina de Pfizer contra a covid-19 a un home | Fonte: Alejandro Martínez Vélez - Europa Press.

Fíxoo coincidindo coa visita que o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou ás instalacións da asociación.

Muruzábal expuxo que "a día de hoxe non están vacinadas, a non ser que estean dentro dos parámetros de idade que segue o plan de vacinación, aínda que entendemos que é un colectivo especialmente vulnerable que debería estar vacinado".

Pola súa banda, Formoso considerou que a demanda "ten todo o sentido do mundo" e transmitiu o seu apoio á reivindicación de APEM de que estas persoas sexan consideradas como "colectivo especialmente vulnerable".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta