Oxford mércalle á USC un corrector lingüístico

O proxecto Avlaingua, desenvolvido por un equipo da USC, permite detectar e clasificar erros a diferentes niveis lingüísticos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 01/06/2021 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

A empresa británica ProWritingAid, unha compañía spin-off da Universidade de Oxford mercou os dereitos de explotación de Avalingua, un sistema de correción lingüística deseñado por un equipo da USC. O proxecto desenvolveuse no seo de Cilenis, antiga extensión do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC).

Paulo Gamallo e Marcos García, dous dos investigadores que desenvolveron o sistema Avalingua
Paulo Gamallo e Marcos García, dous dos investigadores que desenvolveron o sistema Avalingua | Fonte: USC

O sistema foi desenvolto fai unha década polos investigadores Isaac González, Paulo Gamallo, Marcos García e Daniel Barcanda e permite detectar e clasificar erros a diferentes niveis lingüísticos (ortográficos, léxicos, morfolóxico, sintáctico e de estilo). Faino empregando técnicas de procesamento da linguaxe natural baseadas en Intelixencia Artificial

As posibilidades que permite Avalaingua fixo que a empresa ProWritingAid se interesase no proxecto para aplicalo á lingua española. Actualmente, a empresa británica comercializa un corrector gramatical e editor de estilo en inglés, pero esta ferramenta serviríalles para abrirse ao mercado hispanofalante. A partir disto, investigadores da USC comezaron a adaptar o corrector ao español. 

O GALEGO NUN CONGRESO INTERNACIONAL

Por outra banda, os investigadores Paulo Gamallo e Marcos García, que participaron no desenvolvemento do proxecto, serán copresidente e responsable de worshops, respectivamente, na XV International Conference on computational Processing of Portuguese (PROPOR). O concreso científico que se celebrará en Brasil considerará o galego como unha das linguas oficiais de traballo, o que supón unha oportunidade para "promover os traballos científicos relacioandos coa lingua galega", como considera Gamallo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta