Baixan a 468 os casos activos en centros educativos galegos e as aulas pechadas descenden a 19

Aumentan lixeiramente os casos nas áreas de Vigo (+5), Lugo (+3) e Ferrol (+1).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2021 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 en centros educativos de Galicia seguen en descenso e redúcense a 468, que supoñen 22 menos, mentres as aulas inoperativas baixan a 19 --dúas menos-- e unha escola infantil continúa pechada en San Sadurniño (A Coruña).

Segundo os datos actualizados este martes polas consellerías de Educación e Sanidade, recollidos por Europa Press, a escola infantil da Rolada de San Sadurniño mantense como o único centro de Galicia pechado ao completo debido a un positivo.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden nas da Coruña (-28), Ourense (-6), Santiago (-5) e Pontevedra (-3), mentres que aumentan lixeiramente nas de Vigo (+5), Lugo (+3) e Ferrol (+1).

A área de Vigo segue á cabeza con 185 casos activos --cinco máis--, e mantense con 14 aulas inoperativas. O IES de Mos comtinúa como o máis afectado de toda Galicia, con 33 contaxios e catro aulas pechadas. Séguelle o IES Rosais 2 con nove contaxios --un menos--.

A continuación a de Lugo colócase con 65 infeccións activas --tres máis-- e mantense sen aulas pechadas. O CEIP de Celeiro segue como o centro con máis casos, dez --dous máis--.

Tras ela, con 60 casos sitúanse as áreas de Santiago e a da Coruña. A compostelá reduce en cinco os contaxios e mantén tres aulas inoperativas. O centro máis afectado é o CPR Plurilingüe Galaxia de Ribeira, con sete contagios.

Mentres, a da Coruña experimentou un descenso notable a 60 contaxios --28 menos-- e conta cunha aula pechada --dúas menos--. O CPR Plurilingüe Hijas de Jesús contan con nove positivos --seis menos--.

En canto á de Pontevedra colócase con 57 casos activos --tres menos-- e segue cunha aula pechada no CEIP Arealonga de Vilagarcía de Arousa, que rexistra seiso positivos --un máis--.

OURENSE E FERROL

Pola súa banda, as áreas de Ourense e Ferrol mantéñense como as que presentan menos infeccións activas. En concreto, a primeira conta con 25 casos --seis menos-- dos que tres corresponden ao CPR Plurilingüe San José da cidade das Burgas --un menos-- e segue sen clases inoperativas.

E na área de Ferrol soben a 16 o positivos --un máis-- distribuídos nunha ducia de centros e permanece sen clases pechade pero coa escola infantil de San Sadurniño clausurada porn un positivo.

Colexio Santiago Apóstolo de Vigo. COLEXIO SANTIAGO APÓSTOLO DE VIGO
Colexio Santiago Apóstolo de Vigo. COLEXIO SANTIAGO APÓSTOLO DE VIGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta