O BNG urxe ao Goberno a incluír a parada de Vilagarcía no novo tren directo Vigo-Madrid

Néstor Rego reclama tamén a mellora das conexións e a recuperación de frecuencias suspendidas durante o estado de alarma.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2021 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclamou ao Goberno central que incorpore a parada de Vilagarcía de Arousa no novo tren directo que conecta Vigo con Madrid. Así mesmo, a organización frontista apela á urxencia de mellorar as conexións e recuperar todas as frecuencias suspendidas durante o estado de alarma, indica nun comunicado.

Sobre esta cuestión, afirma que o anuncio de Renfe "deixa fóra a parada de Vilagarcía de Arousa na conexión de Vigo a Madrid, o que afectará de maneira grave á mobilidade e ao desenvolvemento económico de toda a comarca do Salnés". Ademais, argumenta que a decisión de suprimir a parada de Vilagarcía "só reduce o tempo do traxecto en cinco minutos".

"É necesario que Renfe e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana rectifiquen para non excluír a parada na capital arousá dentro dese novo traxecto que unirá Vigo e Madrid a partir do 14 de xuño" reivindica o deputado nacionalista.

O BNG confirma a presentación de iniciativas instando o Goberno central "a rectificar para manter a parada en Vilagarcía tamén no novo servizo". "Lograríase así que a vila contase con dúas frecuencias", remarca.

O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego. BNG
O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Éramos pouco e pariu a avóa... Vigo - Mondariz - Ourense https://bretemas.gal/de-vigo-a-oure...

1 Ferroviario

Lembremos que, por tren, é case mais rápido facer Vigo - Ourense por Santiago usando o bye pass de Conxo ( para evitar entrar en Santiago e ter que invertir a marcha ) que pola vía do Miño, por Porriño,Guillarei e Ribadavia, esta última de vía única, e cun trazado moi sinuoso e que so permite baixas velocidades.