Os funcionarios tamén presentan lista para as europeas

Demos+ preséntase a final de mes co obxectivo de defender os servizos públicos e rematar co desprestixio dos traballadores públicos. Unha ourensá é a tesoreira da formación.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 17/11/2013 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

Os funcionarios tamén terán o seu propio partido político para as eleccións europeas de maio. Chámase Demos+ e está integrado por traballadores públicos de todo o Estado. 

O vindeiro 30 de novembro presentase en Madrid este partido que nace da Asociación Unión de Empregados Puúblicos 'Movimiento Fue', integrada principalmente por empregados públicos, "aínda que sempre estivo aberta a toda a ciudadanía", segundo apuntan nun comunicado. "Coñecemos a administración pública desde dentro, sendo moi conscientes da importancia dunha xestión eficaz e eficiente dos recursos económicos do noso país", din.

"Sufrimos moito desprestixio e mala prensa por parte dos gobernos non interesados nunha empatía de a administración pública cos cidadáns. Son conscientes do risco que iso supón, saben que a conxunción de ambas as partes supón un perigo para o sostemento da caste política", aseguran.

Proxecto diseñado por traballadores públicos

Por iso, elaboraron un proxecto político dixeñado por traballadores do sector público no que queren dar solución aos principais problemas que padecen os cidadáns, sobre todo, para recuperar o estado de benestar e as prestacións e servizos públicos como "indicador dun estado que se considere san e avanzado". "Abrimos o noso traballo a todos os cidadáns, convidandoos a unirse a este proxecto e completar a parte correspondente ao sector privado", din.

Este proxecto político é único no estado. Por iso, presumen de que está impulsado e realizado por "profesionais implicados polo cambio cara a un política ética que debe de entenderse como un servizo público aos cidadáns e non como unha forma de vida para o enriquecemento persoal ou do poder financeiro".

"Beneficiar ao estado"

Así, Demos+ destaca que os cargos políticos electos son cidadáns e, por tanto, os seus dereitos e obrigas deben de ser os mesmos que os do resto. "Como representantes públicos deben realizar o seu traballo en beneficio do estado, demostrando o seu resultado co nivel de benestar dos seus cidadáns", conclúen.

Na Xunta directiva deste novo partido está unha funcionaria de Ourense,k Marabillas Calviño Cid, que exerce de tesoreira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

9 seino

Se é tesouro logo é tesoureira.

8 Jasermosnos

Quando falam no seu manifesto de reinos de taifas, estaram a referir-se aos cortijos dos toreros. Digo eu, pois nom nunca fomos tal. Que mal cheira isto. @s trabalhador@s da Ad. Pública também somos membros dumha clase e dumha naçom por liberar-se e nom necesitamos salvadores com tufo joseantoniano.

7 Mavi Calviño

Unha nota de prensa non é suficiente para expoñer todo o que se pretende e probablemente non recolla moitas cousas que para os que a len poden ser importantes. Vou exponer só dúas delas: 1. Anque o titular se refire a funcionario, e DEMOS+ xurde dentro de unha asociación que foi creada orixinariamente por empregados públicos, tanto un coma o outro se abriron dende un principio ó conxunto da cidadanía. Se alguén ten interese en ver a evolución, as ideas, e o proxecto http://movimientofue.info/. A web do partido político estará dispoñible a partir da presentación, o día 30 2. Detrás de DEMOS+ non hai ningún tipo de organización de ningún tipo, nin política nin sindical, nin ninguén nos está alentando para dividir o voto. Nacemos co afán de demostrar que hai outras maneiras de facer política, dirixidas por e para os cidadáns, e iso é o que somos, persoas dispostas a loitar para que as persoas primen sobre os intereses dos grandes capitais.

1 Gamela

Agardaremos logo a presentación en sociedade DEMOS+ pero así de repente comprenderás que semella algo raro raro. Ademáis para as Eleccións Europeas compren AVAIS (50 cargos electros) e iso leva a pensar que se trata de "infiltrados" (PPSOEs) que pretenden sacar tallada (?) // De feito se a maioría dos "funcionarios" veñen repartíndose entre PP/PSOE non comprendo como ningún foi quen de facer que estes partidos aceptaran algún punto do seu Ideario? // Veremos as sorpresas que nos depara o futuro...! Sorte !!!

6 Agencias

Outro chiringo alentado ou montado polo PP para dividir o voto opositor. En Galicia temos algún outro exemplo.

5 Euson

Eu son funcionario e esta xente o que me da é medo e noxo...

1 Mavi Calviño

¿Cómo podes falar así de algo e de alguén a quen non coñeces? A min, tamén empregada pública, o que me da medo é a intransixencia dalgúns, a facilidade que teñen para opinar e descalificar sen ter información do que están falando. E o que me da noxo é seguir esperando a que as cousas se solucionen soas, ou que o noso papel nesta absurda situación que se vive neste país, se limite a berrar nas rúas e a despotricar cos amigos na barra dun bar. Algúns precisamos intentar facer algo mais, poderemos acertar ou errar, pero intentámolo.... e o único que pedimos e que se nos escoite, despois se non convencemos, aceptaremos todas as críticas, por suposto. Iso si, feitas dende o respecto, se perdemos isto, non nos queda nada como persoas.