O PPdeG pide ao Goberno que acabe coa "discriminación" nas probas ABAU

Esixe que se poñan en marcha "cando antes" medidas correctoras para garantir a igualdade e a equidade do sistema entre comunidades.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2021 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade da Xunta e deputado autonómico do PPdeG, Román Rodríguez, pediu ao Goberno que acabe coa "discriminación" nas probas de acceso á universidade (ABAU).

Román Rodríguez mantivo este luns unha reunión de traballo no Congreso con deputados do Grupo Popular para analizar a situación da educación e reclamar ao Goberno de Pedro Sánchez que habilite, canto antes, as medidas correctoras necesarias para "terminar dunha vez por todas coa discriminación nas probas de acceso á universidade".

No encontro, do que informou o PPdeG nun comunicado e que estivo presidido pola portavoz do PP no Congreso Cuca Gamarra, participaron a vicepresidenta segunda do Congreso, Ana Pastor, e a portavoz de Educación, Sandra Moneo, xunto con deputados do PP na Comisión de Educación do Congreso.

Román Rodríguez sinalou que é urxente conseguir un acordo a nivel estatal para garantir un sistema educativo igualitario e equitativo, onde se preserve a accesibilidade de todos os alumnos en igual condición independentemente de onde vivan.

O deputado do PPdeG referiuse en concreto ás probas de acceso á universidade (ABAU) que se están desenvolvendo estes días na diferentes comunidade e que no caso dalgunha delas --avaladas pola Lomloe-- non se esixe ter todas as materias de bacharelato aprobadas para presentarse. Isto, segundo indicou, significa unha "discriminación" fronte ás autonomías como Galicia, nas que si é necesario conseguir o aprobado.

"Non se trata de substituír un modelo por outro, senón que sería interesante apostar por unha homoxeneización e estandarización que se pode conseguir por diversas vías", apuntou para pór en valor o modelo galego que "está a funcionar cun notable éxito como o avalan os datos PISA".

No entanto, convidou a unha reflexión cando comunidades como Galicia e Castela e León "cos mellores resultados en PISA son curiosamente as de peores datos na ABAU". Por tal motivo, é prioritario avanzar cara a "un sistema xusto, que prime o esforzo e a calidade, que de igualdade de oportunidades e que non xere falsas esperanzas aos alumnos que, polo motivo que sexa, non poden aprobar o curso no seu ritmo ordinario e, con todo, a través dunha desigualdade que xera a Lomloe, noutras comunidades si o poden facer".

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, xunto a cargos do PP no Congreso. PPDEG
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, xunto a cargos do PP no Congreso. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta