Acordo entre Federación e Xunta polo seguro para o fútbol base

A Federación Gallega levanta a suspensión da actividade do fútbol base trala reunión con José Ramón Lete. A secretaría xeral para o Deporte aportará 300.000 euros para o convenio.

Por gcdeportes | Compostela | 17/11/2013 | Actualizada ás 21:50

Comparte esta noticia

Trala alarma pola suspensión do fútbol para 30.000 rapaces galegos, todo quedou arranxado coa reunión entre o secretario xeral do Deporte, José Ramón Lete, e o presidente da Federación Gallega de Fútbol, José García Liñares. Segundo informou a compañía aseguradora á mesma Xunta, a cobertura para o fútbol entrou en vigor o pasado venres, sen interrupción algunha dende o inicio da tempada 2013-14 ata o final da mesma. A Secretaría Xeral para o Deporte destina ao convenio 300.000 euros. A compañía aseguradora será a partir de agora Zurich Insurance PLC SUC.

Xogadores das categorías inferiores do Deportivo.
Xogadores das categorías inferiores do Deportivo. | Fonte: canaldeportivo.com

A Federación Gallega de Fútbol decidira o domingo suspender todas as competicións e adestramentos do fútbol base ata novo aviso pola negativa da Xunta a seguir aboando o seguro dos nenos como o facía ata o de agora. A decisión afectaba ás categorías cadete, infantil, alevín, benxamín e pre-benxamín, todas excepto os xuvenís.

A secretaría xeral para o Deporte decidiu mudar o sistema e separar o fútbol, con moita máis sinistralidade en forma de lesións, do resto das modalidades deportivas. A Xunta abonaría 300.000 euros á Federación de Fútbol para que este organismo buscase a mellor oferta. A versión da Federación apareceu na súa web www.futgal.es: “Con motivo de la exclusión de la modalidad del fútbol de la prórroga del seguro deportivo del programa Xogade por parte de la Secretaría Xeral do Deporte da Xunta de Galicia, se paraliza cautelarmente toda actividad futbolística (competición y entrenamientos) de las categorías implicadas en el mismo, que son cadete, infantil, alevín, benjamín y prebenjamín”.

Trala reunión, Lete Lasa aclarou a postura da Xunta: "A Federación Galega de Fútbol é coñecedora dende hai uns meses de que o seguro deportivo da súa modalidade en Xogade sería cuberto por un seguro que a propia Federación debería de concertar directamente --para o que a Secretaría Xeral para o Deporte lle destinará, vía convenio, 300.000 euros-- e non a través do xenérico contrato de seguro que a Secretaría Xeral para o Deporte subscribe directamente para o resto de modalidades deportivas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Giano

Stop futbol! Hai que parar a plaga esta.

2 Doutor Moreno: Antifooball

Ai que desgraza mais grande....!!: 30.000 rapaces galegos sen opio.... Ogallá durase ben e fose para sempre...Seria unha boa noticia. Hai mais deportes e ben mais sans que o desa escoola de nenazas simuladoras enganaárbitros e pais ansiosos por que o seu churumbel os saque de pauvre, de dar en figura de inmoral patadeiro...Kultura para o povo!!. Abaixo espectáculos estupefacientes!!.

1 Pepito

Flipado. É mellor que de droguen por aí!!!. Se non queres xogar ninguén cho impide pero deixa os nenos disfrutar.

2 Doutor Moreno

Disfroitar disfurtarás tí vendo aos teus e caéndo-se-che a babucha por se algún día no canto duns raterillos do tres por cuarto dan nun Ronaldo ou nun Casillas (que é para o que estos ían, nas vallecas e na Madeira, respeitivamente) e che quitan de pauvre: eis aí o único mérito atribuibel ao opio do povo: a súa capacidade preventivodelicuencial nuns casos ben contadinhos....Polo deporte AUTÉNTICO E NON PROFISIONAL, Morra o football (paradigma de subnormalidade oficial)!!!!!.

1 Tom Soyer

A mesma cantidade que pagou Louzán en ceas e promoción da Vuelta a España (xa publicado en GC). E para o 2014 mais etapas e ¡final da Vuelta en Santiago! FLIPANTE