Queres coñecer as herbas de San Xoán?

A concellaría de Turismo do Concello de Padrón ofrece unha ruta dende Santiaguiño do Monte o 23 de xuño para coñecer esta máxica herba.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2021 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

O Concello de Padrón pon en marcha unha iniciativa para dar a coñecer as plantas e herbas de San Xoán co motivo desta celebración. A través dun paseo interactivo dende Santiaguiño do Monte o 23 de xuño, os participantes poderán coñecer as herbas de San Xoán, unha actividade organizada pola concellaría de Turismo do Concello de Padrón. 

As herbas de San Xoán
As herbas de San Xoán | Fonte: Pinterest

A ruta estará guiada pola experta en herbas medicinais Rosalía Bermúdez, quen guiará a andaina e explicará as propiedades, rituais e tradicións das diferentes plantas.

A noite de San Xoán está relaciona con rituais purificadores e segundo a tradición, a mañá do 24 de xuño hai que lavar a cara coas herbas de San Xoan, previamente deixadas en remollo a noite do 23 de xuño. Con esta actividade o concello de Padrón non só quere poñer en valor a tradición e cultura de Galicia, senón que ademais pretende "fomentar un turismo sostible, respectuoso co medio ambiente e en contacto coa natureza", como explica a concelleira de Turismo, Lorena Couso. 

As prazas para a ruta, que se celebrará o 23 de xuño ñas 12:00, son limitadas, de balde e previa incrición a través da Oficina de Turismo do Concello de Patrón, vía telefónica ou por correo electrónico. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta