Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2021 | Actualizada ás 14:16
O Goberno galego decidiu recoñecer a Santiago Pemán, a quen o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, definiu como "o home do tempo por excelencia" en Galicia, coa Medalla Castelao. "Desde a entrada na TVG en 1986 asentouse como a persoa que nos ofrecía a información meteorolóxica xunto cunha chea de refráns, con especial énfase no mundo do mar", destacou.
Ao termo da reunión semanal do seu Executivo, o presidente tamén confirmou que os outros catro galardoados con esta distinción na súa edición de 2021 serán Xosé Luís Saco Cid (catedrático e expresidente da Fundación Otero Pedrayo), a xornalista Esther Eiros, o mestre e promotor da integración xitana Manuel Vila, e o Centro Superior de Hostalaría de Galicia.
A Medalla Castelao é unha condecoración de carácter civil que concede a Xunta e que recoñece a achega artística, literaria, intelectual ou en calquera ámbito significativo para Galicia. Este galardón entrégase cada ano o 28 de xuño, para conmemorar o retorno a Galicia dos restos do intelectual galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.