Autónomos e pequenas empresas apuntan ao reto dunha "nova era" con "posibilidades e riscos"

Conde destaca que a Xunta traballa en "anticiparse e planificar ben" o novo contexto, "difícil" pero con "oportunidades".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/06/2021 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

A asociación de autónomos e pequenas empresas de Galicia (APE Galicia) organizou un encontro no que economistas como José Carlos Díez, profesor da Universidade de Alcalá (Madrid), sinalaron o reto de "unha nova era" tras a pandemia de coronavirus, con "posibilidades e risco".

Pola súa banda, o vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, destacou que o Goberno galego traballa en "anticiparse e planificar ben" o novo contexto, que, como admitiu, preséntase "difícil" pero con "oportunidades".

O tamén economista Miguel Anxo Vázquez Taín, da Universidade de Santiago de Compostela, valorou elementos "diferenciais" de Galicia na recuperación da crise económica pola covid, á vez que coincidiu en que se xerou unha "nova realidade" na que as administracións públicas "teñen que colaborar".

Pola súa banda, o profesor José Carlos Díez subliñou que esta é unha crise de carácter empresarial, a diferenza do que ocorreu en 2008, pero chamou a atención sobre que a recuperación está a ser xa "bastante intensa", debido ao freo nos contaxios de coronavirus e a vacinación.

Ao seu xuízo, vai ser un verán aínda complicado, pero mellor que o do ano pasado". Pola súa banda, o vicepresidente económico da Xunta avogou por "seguir xerando c"onfianza" tanto na hostalaría como no comercio.

Muller con máscara nunha tenda de roupa.. XUNTA - Arquivo
Muller con máscara nunha tenda de roupa.. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press


"CAMBIOS MOI RÁPIDOS"

Os tres participantes na xornada coincidiron en que a pandemia supuxo "cambios moi rápidos" que se materializan, por exemplo, nun maior uso das canles dixitais.

Con chamamentos ao "optimismo" pero tamén avogando por ser "realistas", analizaron obxectivos como o da transición dixital e a ecolóxica, e constataron que sectores como o primario teñen agora "unha enorme oportunidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta