Tellado clama contra a "traizón" dos indultos xunto con Abascal e Díaz Ayuso

O secretario xeral do PPdeG augura un cambio de goberno como consecuencia da medida de gracia de Sánchez.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2021 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, cualificou os indultos aos condenados polo 'procés' catalán de "unha traizón ao país" e afirmou ademais que "os españois non indultarán a Pedro Sánchez, que pagará nas urnas".

Así se expresou este domingo durante a manifestación celebrada na Praza de Colón, na que participaron tamén a líder de Ciudadanos, Inés Arrimadas e o secretario xeral de Vox, Santiago Abascal; así como outros integrantes do PP a nivel nacional, como o líder popular, Pablo Casado; a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, e o alcalde da capital, José Luís Martínez-Almeida.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, foi un dos 'baróns' populares ausentes nesta cita, no seu caso por ter que viaxar para entrevistarse co papa Francisco este luns no Vaticano. En representación do PP galego estiveron tanto Tellado, o seu 'número dous', como o presidente de Novas Xeracións (NN.XX.), Adrián Pardo.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, informa o congreso autonómico do partido. ANGELG
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, informa o congreso autonómico do partido. ANGELG

"PACTO SECRETO"

"O que Sánchez pretende facer cos indultos aos presos independentistas pasaralle factura cando os cidadáns teñan dereito a decidir o futuro que queren para España", sinalou Miguel Tellado, que afirmou que o presidente do Goberno "pactou nas prisións o seu acordo de investidura".

"Os indultos forman parte do pacto secreto que o fixo presidente co apoio dos independentistas", opinou o secretario xeral galego. Neste sentido, asegurou que Sánchez "antepón os seus intereses partidistas e persoais por encima das normas básicas dunha democracia". Ademais, apuntou, "non se dan as circunstancias para conceder un indulto, xa que é evidente que non hai arrepentimento por parte dos condenados, senón vontade de reincidir".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta