G. Caballero comparte o manifesto de militantes do PSdeG a favor dos indultos

Asegura que o obxectivo é "buscar o interese xeral e o reencontro" e dar "una solución política a un problema político".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2021 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou que comparte o contido do manifesto impulsado por militantes e varios cargos do Partido Socialista de Galicia a favor dos indultos aos presos do procés como forma de iniciar unha vía de diálogo e entendemento con Cataluña dentro do Estado de Dereito e en busca do interese xeral.

Nunha rolda de prensa xunto á exministra de Sanidade María Luisa Carcedo e preguntado polos motivos polos que a súa firma non figura entre as persoas que apoian o texto e tras asegurar que comparte o documento que xorde da base do partido, subliñou que a súa posición sobre este asunto é "moi clara".

"Eu non podo estar cunha dereita que sae a abrazarse a Abascal e a ultradereita na Praza de Colón, nin tampouco podo bendicir as posicións daqueles que se abran ao independentismo, que rompeu co Estado de Dereito", manifestou. Tras iso, incidiu en que o Goberno de España vai xestionar a cuestión "en procura do interese xeral" e "dentro do Estado de Dereito" para o que ten todo o seu "apoio", co obxectivo de buscar "o recuentro".

Ademais, tras sinalar que en España "mesmo se chegaron a indultar aos responsables dun golpe de estado", incidiu en que "a responsabilidade do Goberno é solucionar conflitos que o Partido Popular non foi capaz de atallar" e que mesmo "incendiou". "Eu non son independentista, non vou dar o aprobado a aquelas condutas que saen do Estado de Dereito pero dentro do Estado de Dereito temos que ter a capacidade de buscar solucións políticas a problemas políticos", subliñou para insistir en que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, conta con todo o seu apoio para "buscar o interese xeral e o reencontro".

MANIFESTO

En concreto, máis de 350 militantes e cargos do Partido Socialista en Galicia secundan un manifesto a favor dos indultos aos presos do procés como forma de "iniciar unha nova vía de diálogo e entendemento que facilite a convivencia en Cataluña", así como "a harmonía e o encontro entre a sociedade catalá e as súas institucións e o conxunto do Estado".

A iniciativa, conforme explicaron fontes socialistas consultadas por Europa Press, foi impulsada polos militantes de base Alicia Lago e Víctor Pedreira, así como pola subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, e deputados autonómicos como Martín Seco e Noa Díaz. No texto, os asinantes explican que a iniciativa nace como resposta á polémica xurdida sobre a existencia de "unha suposta opinión minoritaria contraria" aos estes indultos entre as bases socialistas.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, no Obradoiro xunto a cargos do partido e coa exministra de Sanidade María Luisa Carcedo
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, no Obradoiro xunto a cargos do partido e coa exministra de Sanidade María Luisa Carcedo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta