Compromiso de "apoio" do delegado do Goberno para unha solución ao sector marisqueiro da ría do Burgo

José Miñones indica que o Ministerio para a Transición Ecolóxica valora as ofertas para empezar "canto antes" os traballos na ría do Burgo, cun orzamento de licitación de 48,5 millóns de euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2021 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, comprometeu este luns o seu "apoio" para traballar por unha solución co sector marisqueiro da ría do Burgo.

Fíxoo nunha reunión con representantes do sector, en concreto o vicepatrón maior primeiro da Confraría de Pescadores da Coruña, Jesús Vázquez; o presidente da Agrupación de Mariscadores a pé, Andrés Pena, e o vogal da mesma agrupación Manuel Baldomir.

Os representantes do sector marisqueiro expresaron as súas preocupacións ante a parada da actividade polas actuacións na zona. O delegado mostrou "o seu apoio e compromiso para traballar por unha solución", informa a Delegación do Goberno.

Respecto diso, indica que o Ministerio para a Transición Ecolóxica valora as ofertas para empezar "canto antes" os traballos na ría do Burgo, cun orzamento de licitación de 48,5 millóns de euros.

O delegado do Goberno, José Miñones, reúnese con representantes dos mariscadores da ría do Burgo. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
O delegado do Goberno, José Miñones, reúnese con representantes dos mariscadores da ría do Burgo. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta