Case 250 puntos negros de vertedura en 18 rías galegas, mentres a Xunta presume de rexeneración

Arco Iris fala de "evidente fracaso de toda a política de saneamento das rías".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2021 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

A asociación ecoloxista Arco Iris denuncia a existencia de máis dunha vintena de verteduras novas ás rías galegas no último ano. Nun comunicado, pon en dúbida o plan de control de verteduras da Xunta, á vez que alerta da existencia de ao redor de 250 puntos negros de vertedura en 18 rías.

Unha situación que identifica con "un evidente fracaso de toda a política de saneamento das rías, que ven incrementada ano tras ano a carga contaminante que reciben e que aumenta o fenómeno da eutrofización".

Chama a atención sobre que rías como O Barqueiro, Viveiro, Ares, Ferrol, A Coruña, Muros e Corcubión "ofrecen en 2020 peores datos que en 2019", pois "aumentan os puntos de verteduras ilegais en 13, provocando un aumento intolerable da contaminación difusa".

Sinala que "os esforzos" do Goberno galego "céntranse" nas rías de Arousa e Vigo, a pesar de que aínda "reúnen entre as dúas ata 79 sumidoiros".

A carga contaminante media será este ano de 17 euros e 89 céntimos --importe total que suma o gravame por volume, materias en suspensión, materias oxidables, nitróxeno, fósforo, saes solubles, metais e materias inhibidoras--, o que considera unha "bicoca fiscal" que impide que "as empresas que máis emporquen progresen adecuadamente no obxectivo de vertido cero, que non se alcanzaría ao actual ritmo "ata o ano 2083".

Verteduras da mina de Touro (A Coruña). ALDEA VIVA
Verteduras da mina de Touro (A Coruña). ALDEA VIVA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta