Rescatado un tripulante dun pesqueiro tras caer á auga a 25 millas da Coruña

O mariñeiro levaba posto o chaleco salvavidas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2021 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

Un helicóptero evacuou ata A Coruña ao tripulante dun pesqueiro que caeu á auga este xoves a unhas 25 millas da Torre de Hércules. O mariñeiro levaba chaleco salvavidas.

Segundo informaron a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo, ás 12,09 horas deste xoves recibiuse o aviso de home á auga dun tripulante do pesqueiro 'Virxe do Faro'.

Por iso, mobilizouse o helicóptero 'Helimer' e unha embarcación de Salvamento Marítimo que non tivo que intervir, xa que a aeronave rescatou ao mariñeiro e levouno ao aeroporto coruñés de Alvedro, onde o esperaba unha ambulancia do 061.

As mesmas fontes detallaron que cando caeu á auga o home levaba chaleco salvavidas e desde a embarcación tiráronlle aros salvavidas tamén, ata que foi recuperado polo propio pesqueiro e evacuado polo 'Helimer' e levado a terra con hipotermia.

Helicóptero Helimer 401. SALVAMENTO MARÍTIMO
Helicóptero Helimer 401. SALVAMENTO MARÍTIMO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta