Falecen dous dos dez tripulantes do barco que nafragou en Portosin

O home que se atopaba desaparecido foi localizado sen vida por un dos barcos que participou nas tarefas de rescate.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/06/2021 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

O naufraxio do cerqueiro Sempre Güeto, con base en Portosín, nas proximidades de Punta Candieira, en Cedeira, saldouse coa morte de dous dos dez tripulantes que navegaban no buque. O tráxico suceso produciuse sobre as 13,30 horas, supostamente a consecuencia dun golpe de mar.

O 'Sempre Gueto', barco con base en Portosin
O 'Sempre Gueto', barco con base en Portosin | Fonte: Tuiter Salvamento Marítimo

Un deles fora rescatado con vida polo buque 'Sempre Urbegui' pero ferido de gravidade, sendo izado e trasladado ata a cidade da Coruña polo helicóptero Helimer 402, aínda que finalmente faleceu.

O outro se atopaba desaparecido, pero foi localizado sen vida sobre as 17,00 horas no mar por un dos barcos que participou nas tarefas de rescate e trasladado ata Cedeira.

Horas antes, foran rescatados outros oito tripulantes que viaxaban no buque sinistrado polo 'Argote 2', tamén con base no porto da comarca do Barbanza.

Diversos medios permaneceron na zona para levar a cabo as tarefas de rastrexo, como o helicóptero 'Helimer 401', a lancha 'Salvamar Betelgeuse', ambos de Salvamento Marítimo, ademais da lancha 'LS Langosteira' da Cruz Vermella.

Así mesmo, participaron os pesqueiros 'Pasa Aquí', 'Maruxia', 'Maruxia Segundo', 'Sempre Urbegi' e 'Riobao Uno'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta