Pais e nais reclaman aumentar a idade máxima de escolarización para persoas con discapacidade

Censuran ás consellerías de Educación e Política Social que dirixen, respectivamente, Román Rodríguez e Fabiola García de "non dar solucións" para que "os nenos vivan unha transición á vida adulta".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2021 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

Pais e nais de persoas con discapacidade intelectual solicitaron á Consellería de Educación que prorrogue a idade máxima de escolarización, fixada en 21 anos, como medida para paliar a falta de prazas en centros residenciais ou de día.

A Asociación de Anpas de Centros de Educación Especial levou esta reivindicación durante a mañá deste xoves ás portas do edificio administrativo de San Caetano, en Santiago, onde demandaron "solucións" á Xunta polos problemas aos que se enfrontan as familias cando os seus fillos e fillas alcazan os 21 anos.

Segundo explicaron en declaracións aos medios Eva Gutiérrez e Xavier Rodríguez --membros da asociación de anpas--, os mozos e as súas familias "ven abocados" a "estar en casa" cando cumpren 21 anos e finalizan a súa etapa escolar nos centros de educación especial.

Así, censuran ás consellerías de Educación e Política Social que dirixen, respectivamente, Román Rodríguez e Fabiola García de "non dar solucións" para que "os nenos vivan unha transición á vida adulta".

Neste sentido, denuncian que, en "moitas ocasións", pais e nais "ven obrigados a deixar os seus postos de traballo" para coidar dos seus fillos ante a falta de prazas en centros de día ou residenciais.

Por tanto, como medida "ata que Política Social destine o orzamento necesario" para que existan estas prazas, os pais e nais reclaman a ampliación do límite de escolarización.

"Educación pode perfectamente permitir que os nenos sigan escolarizados máis aló do 21 ano para que non se vexan abocados a estar en casa", incidiu Eva Gutiérrez, que censurou o "abandono" ao que, di, somete a Administración autonómica a estes mozos e as súas familias.

Concentración en Santiago da Asociación de Anpas de Centros de Educación Especial. EUROPA PRES
Concentración en Santiago da Asociación de Anpas de Centros de Educación Especial. EUROPA PRES | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta