Por GC Tendencias | O Grove | 25/11/2013 | Actualizada ás 20:48
. Malia iso, o xurado quixo recoñecer as calidades que puntualmente puido descubrir nalgunhas das obras presentadas a concurso, mais entende que non foron suficientes para xustificar a concesión dun galardón da traxectoria e o renome do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey.
Alén diso, o xurado quixo congratularse do decidido apoio que as dúas entidades que avalan o premio, o Ilmo. Concello do Grove e mais a Editorial Sotelo Blanco," amosaron sempre e seguen amosando para o bo desenvolvemento do certame, confirmado polo feito de que xa estean preparándose as bases para a vindeira convocatoria no primeiro trimestre do 2014".
Noutra orde de cousas, o xurado, coincidindo coa vixésima convocatoria deste premio, o máis antigo de Galicia no seu xénero, quixo mostrar publicamente o seu recoñecemento ao labor desempeñado na organización e edición deste por todos aqueles que co seu traballo o fixeron posible ao longo destes anos, significando especialmente a dedicación profesional de Marina Aguín Núñez, responsable cultural para o premio do Ilmo. Concello do Grove, e mais de Chelo Carreira e Xabier Vázquez, traballadores do selo editor, que "tan admirablemente axudaron a materializar os froitos deste certame".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.