A comisión de control de Verín propón sacar a praza con novas bases tras renunciar a filla do alcalde

A candidata foi a única que aprobou o exame.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 17/06/2021 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

A comisión de control do proceso selectivo municipal de Verín propuxo a realización dunha nova convocatoria da praza de traballadora social para o servizo municipal de dependencia. Así o trasladou na última reunión encargada de revisar o proceso para a contratación laboral temporal dun traballador ou traballadora social para o SAAD, tras a polémica polo exame no que, de 14 candidatos, só aprobou un, a filla do alcalde.

Pleno ordinario febreiro 2021. Foto: Prensa Concello de Verín
Pleno ordinario febreiro 2021. Foto: Prensa Concello de Verín

A comisión, formada por representantes dos sindicatos e do propio Concello de Verín, destacou que "a transparencia e obxectividade" estivo "asegurada" nos traballos realizados "desde a primeira ata a última das sesións".

Con todo, expuxo unha nova convocatoria, despois de que esta mesma semana a filla do alcalde e única aspirante presentase a súa renuncia, ao considerar que estaba "incursa nun conflito de terribles proporcións" e "dominado por intereses políticos que só buscaban causar o maior dano posible".

Tras aceptar a súa renuncia, a adxudicación da praza convocada quedou deserta, motivo polo que a comisión acordou por unanimidade propor ao órgano municipal competente (a Concellaría de Recursos Humanos e Réxime Interior) a realización dunha nova convocatoria da praza de traballador ou traballadora para o servizo municipal de dependencia.

Para ela elaboraranse unhas novas bases específicas para dita praza que serán ratificadas pola parte sindical nunha nova comisión de control.

Desde o Consistorio trasladaron que, "de acordo coas bases xerais reguladoras para a contratación de persoal laboral temporal", o ditame da comisión ten carácter preceptivo pero non vinculante, por iso será a Concellaría de Recursos Humanos a que, mediante decreto, outorgaralle a validez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta