Feijóo sinala que as 155 bandeiras azuis de Galicia acreditan a súa condición de "destino seguro e de calidade"

Abel Caballero critica a presenza do presidente en Cíes para "izar unha bandeira que corresponde ao Concello"

Por E.P. | Vigo | 18/06/2021 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou este venres que as 155 bandeiras azuis conseguidas neste 2021 por praias, portos deportivos, carreiros e centros azuis de Galicia acreditan a súa condición de "destino seguro, de calidade e sustentable".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira Ángeles Vázquez, participan no izado da bandeira azul na praia de Rodas, nas illas Cíes
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira Ángeles Vázquez, participan no izado da bandeira azul na praia de Rodas, nas illas Cíes | Fonte: David Cabezón - Xunta de Galicia.

Así o trasladou durante o acto de entrega das bandeiras, que tivo lugar nas illas Cíes, e no que tamén participaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, así como a vicepresidenta da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), Virginia Yuste, e varios alcaldes.

Nuñez Feijóo lembrou que, nesta edición, ADEAC outorgou 111 bandeiras azuis a praias galegas (4 máis que o ano pasado), 11 a portos de deportivos, 13 a 'centros azuis' e 20 a sendeiros, de maneira que Galicia sitúase "no pódium" deste tipo de recoñecementos a nivel estatal.

O presidente galego aproveitou a súa presenza en Cíes para reivindicar o Parque Nacional Illas Atlánticas como "reclamo" para os turistas e, ao tempo, como exemplo de espazo protexido e conservado. Así mesmo, confirmou que, só desde o pasado 15 de maio, os arquipélagos de Cíes e Ons recibiron xa a visita dunhas 18.000 persoas.

Feijóo explicou tamén que, nos últimos anos, a Xunta investiu 15 millóns de euros no Parque, e prevé investir outros 20 millóns "apoiados en fondos europeos", polo que pediu ao Goberno central "máis esforzo" para este parque, tendo en conta a súa "singularidade insular".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta