Verín recoñece que se garantiu a "obxectividade" do proceso ao que se presentou a filla do alcalde

A comisión de control do proceso selectivo da contratación do traballador/a social propón realizar un novo proceso.

Por Galicia Confidencial | Verin | 20/06/2021 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

A comisión de control encargada de revisar o proceso selectivo municipal para a contratación laboral temporal dun traballador ou traballadora social para o Servizo Municipal de Dependencia emitiu unha resolución na que recoñece a "obxectividade" deste proceso. 

Integratnes da Comisión de control do proceso selectivo da contratación do traballador/a social en Verín / Concello de Verín
Integratnes da Comisión de control do proceso selectivo da contratación do traballador/a social en Verín / Concello de Verín

A Comisión, formada por representantes dos sindicatos e do Concello de Verín, toma dita decisión tendo presente que o pasado 15 de xuño tivo entrada no rexistro xeral do Concello de Verín un escrito de formulación de renuncia a continuar no devandito proceso por parte da única aspirante que continuaba no mesmo, a filla do alcalde, quedando deserta a adxudicación da praza convocada. 

Os membros da comisión de control, na súa totalidade, tamén quixeron destacar que "a transparencia e obxectividade" estivo asegurada nos traballos realizados pola comisión "desde a primeira até a última das súas sesións", indica nun comunicado.

Por este motivo, a comisión acordou por unanimidade propor ao órgano municipal competente (Concellaría de Recursos Humano e Réxime Interior) a realización dunha nova convocatoria da praza de traballador ou traballadora social para o Servizo Municipal de Dependencia (DAAS) e elaborar unhas novas bases específicas para esta praza, que serán ratificadas pola parte sindical nunha nova comisión de control. 

De acordo coa base undécima das bases xerais reguladoras para a contratación do persoal laboral temporal no Concello de Verín este ditame da comisión celebrada días atrás ten carácter preceptivo pero non vinculante, sendo a resolución do órgano administrativo competente (decreto da concellaría de Recursos Humano e Réxime Interior) a que outorgará validez final.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta