O camiño dos Faros, premiado en Europa e “pisoteado” en Galicia

Unha organización europea cataloga a ruta como "sendeirismo de alta calidade", mentres a asociación que vela pola ruta denuncia o esquecemento da administración.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2021 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

O arrinque definitivo do Xacobeo 21-22 volve pór no centro das olladas o camiñar e peregrinar, e non todo cinguido á ruta que leva a Compostela. A orografía galega está tinxida de múltiples roteiros que a cruzan de norte a sur e de leste a oeste, e un dos máis recoñecidos é o Camiño dos Faros, que decorre 200 quilómetros pola costa galega de construción en construción.

Camiño dos Faros
Camiño dos Faros | Fonte: www.galicia10.com

Cando menos, é recoñecido en Europa, xa que a asociación encargada de promocionar o roteiro denuncia estar a ser “pisoteada” polas administracións de Galicia e a Federación Galega de Montañismo. Este suposto desleixo contrasta co premio que a European Ramblers Association (Asociación de camiñantes de Europa) vén de outorgar á ruta, catalogada xa como “sendeirismo de alta calidade”.

Tal galardón vén de ser achegado recentemente pola ERA en recoñecemento ao “gran traballo” desenvolto pola asociación --composta por só catro persoas-- á hora de promocionar a ruta. A organización galega destaca, pola súa banda, que dá por “concluído” o intento de homologación deste roteiro, xa no podio dos traxectos europeos.

Os enfrontamentos entre a asociación promotora e as administracións de Galicia quedaron tamén patentes na propia felicitación da ERA, na que recoñeceu o Camiño dos Faros como un trail “líder en calidade”. “Os malentendidos entre o seu grupo e a Federación Galega son significativos”, destacan, en liñas paralelas ao denunciado pola asociación galega, que manifesta a súa “tristura” ao “ver as oportunidades que se están deixando pasar para consolidar este recurso da mellor maneira posible”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta