O 84% de concellos galegos recibirán axudas para promover a conciliación e combater a violencia machista

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2021 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a resolución da convocatoria de axudas destinadas ás entidades locais da Comunidade para o desenvolvemento de iniciativas dirixidas a promover a igualdade e previr e tratar a violencia machista. En 2021, os apoios chegarán a 262 concellos (o 84% do total) que aglutinan o 89% da poboación galega.

Segundo informou, a Xunta investirá nesta convocatoria máis de 6,4 millóns de euros. Con este diñeiro facilitarase a implantación de programas e medidas de igualdade no ámbito local en Galicia, co dobre obxectivo de contribuír á igualdade de oportunidades e a avanzar na erradicación da violencia machista.

Nesta convocatoria, o Goberno galego financia actuacións de catro programas: fomento da conciliación; promoción da igualdade prevención e tratamento da violencia machista; apoio aos centros de información á muller (CIM); e o programa de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres.

Campaña Compostela en Negro contra a violencia machista. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - Arquivo
Campaña Compostela en Negro contra a violencia machista. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta