Romay Beccaría substitúe a Fraga na Real Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación

A súa designación foi por unanimidade dos membros.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 29/11/2013 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

A Real Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación conta desde este xoves cun novo membro, o ex ministro e ex conselleiro José Manuel Romay Beccaría. O actual presidente do Consello de Estado foi elixido por unanimidade, académico de número da institución, nunha sesión plenaria celebrada para ese efecto baixo a presidencia do maxistrado José Antonio García Caridad.

Romay Beccaría, ex-líder do 'birrete' e padriño político de Feijóo
Romay Beccaría, ex-líder do 'birrete' e padriño político de Feijóo

O académico electo ocupará, ademais, a medalla número 14 desta institución, vacante desde o falecemento do seu anterior titular, Manuel Fraga Iribarne. 

Unha carreira que se iniciou no Franquismo

Nado en 1934, Romay Beccaría liocenciouse en 1956 en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras impartir clases de Dereito Administrativo durante un ano na devandita universidade, obtén unha praza de letrado do Consello de Estado en 1959.

En 1963, baixo a ditadura do Xeneral Franco, é nomeado secretario xeral de Sanidade, cargo no que permanece até 1966. Retoma a súa praza como letrado, até asumir en 1973 a dirección do Instituto de Estudos de Administración Local. Permanecerá poucos meses no devandito cargo, pois en 1974 é nomeado subsecretario de Presidencia, e en 1975 subsecretario de Gobernación. A partir de entón comeza unha ascendente carreira política que o levará a presidir a Deputación da Coruña e a ser nomeado conselleiro de Agricultura, Sanidade e ministro de Sanidad no Goberno de Aznar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 galego 100%

E claro que o único xeito de que frijoles vai fora do poder e coa desaparición do grupo de fantasmas e estafadores "Galicia do comunecio expañol" se non sacan nada de nada significa que frijoles esta na rua ...