Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2021 | Actualizada ás 10:12
As reservas dos grupos sanguíneos Cero negativo (0-) e A positivo (A+) permanecen baixas en Galicia, mentres que as da negativo (A-) e Cero positivo (0+) atópanse normais.
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) lembra que os hospitais galegos necesitan unha media de 500 doazóns diarias para levar a cabo adecuadamente o seu labor asistencial.
Co fin de facilitar a doazón o vindeiro luns, 28 de xuño, ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses da Capela --diante do centro de saúde--, Coristanco --á beira do Concello--, Melide --Cantón de San Roque-- e Coirós --fronte ao Consistorio--.
Ademais, o vindeiro luns acudirán unidades móbiles ao concello lucense de Sarria --na rúa Calvo Sotelo-- e á cidade de Ourense --Rúa do Paseo, nº 37--.
Tamén ADOS enviará unidades móbiles para facilitar a doazón nas localidades pontevedresas de Pontevedra --cuartel de Figueirido--, Ponteareas --Avenida de Galiza-- e Vigo --barrio de Teis en Sanjurjo Badía nº 200--.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.