Galicia ten 63 locais "nos que se come rico e a prezo asequible", segundo a Guía Repsol

Un equipo de expertos en gastronomía seleccionou 1.000 locais españois que a Guía Repsol identifica como Soletes.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Galicia conta con 63 Soletes, unha calificación para locais que destacan pola súa calidade e prezo. Esta recompilación, elaborada pola Guía Repsol, destaca 1.000 establecementos de toda España, repartindo Soletes polas 50 provincias. Os soletes, que a propia Guía define como "locais nos que nada máis entrar pensas que merecen un premio", quere pór en valor a proximidade, ambiente, calidade e prezo dos diferentes establecementos. 

Ilustración dos Soletes de Luis Úrculo para a Guía Repsol
Ilustración dos Soletes de Luis Úrculo para a Guía Repsol | Fonte: Guía Repsol

O Rei do Xamón, en Ourense, Bulló Xantar, en Lugo, Chiringuito Doniños, en Ferrol ou a cafetería A Carrilana, en Santiago de Compostela, son só algúns dos 63 locais que merecen esta distinción, que se pode consultar de maneira online

Trátase "dunha oportunidade para poñer en calor eses lugares emblemáticos que todos temos nos nosos barrios e aldeas, pero que a miúdo non aparecen nas guías gastronómicas e de viaxe", segundo explica a directora da Guía Repsol, María Ritter. A guía non só é unha recompilación de restaurantes, senón que ten espazo para diferenets tipos de locais, como tabernas, "fast good" ou xeaderías. 

Esta Guía ten un carácter cuadrimestral, polo que a lista estará en constante cambio adaptándose ás diferentes tendencias, sen esquecer que está "pensada para que tanto autóctono como viaxeiros descubran onde se come rico a un prezo asequible". A guía tamén se poderá consultar a través dun mapa interactivo que facilite a busca. 

Estes locais poderán identificarse cun Solete deseñado polo Luis Úrcolo, cunha liña gráfica similar á do 2019, e coa que queren transmitir amabilidade e felicidade a través dun sol difuminado e cun gran sorriso. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta