Por Europa Press / Redacción | VIGO | 29/06/2021 | Actualizada ás 19:14
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho foi anfitrioa en Vila Nova de Cerveira do Encontro de Cooperación Transfronteiriza organizado polo Goberno portugués e o CCDR-N para abordar os retos de futuro dos territorios transfronteirizos.
A agrupación, en boca do seu vicedirector Uxío Benítez, mostrouse moi satisfeita polo resultado do encontro e, en concreto, polas declaracións da ministra de Coesão portuguesa, Ana Abrunhosa, quen se manifestou "claramente a favor", segundo traslada a AECT, da necesidade de destinar máis fondos tanto europeos como estatais ás zonas de fronteira. Tamén, engadiu a AECT, sobre que os fondos europeos deben impactar de forma específica nos territorios transfronteirizos a favor da súa recuperación e dinamización.
Tras o peche da xornada, o vicedirector da AECT, Uxío Benítez, valorou o feito de que sexa a primeira vez que un Goberno dun Estado organiza un encontro de cooperación transfronteiriza apostase por elixir unha localidade á beira do Miño, como lugar onde reunir a todas as entidades transfronteirizas de España e Portugal.
Ademais da ministra Abrunhosa, quen recoñeceu que a situación no Miño foi "dramática" durante os peches, no encontro participaron outras autoridades, como o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.