Morre un mozo de 24 anos por unha malleira na Coruña durante a madrugada do sábado

Os primeiros indicios apuntan á posibilidade de que o conflito tivese como orixe un teléfono móbil.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2021 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

Un mozo de 24 anos morreu na madrugada deste sábado na Coruña a consecuencia das feridas provocadas por unha malleira propinada por un grupo de persoas.

Segundo fontes próximas ao caso, o suceso tivo lugar minutos despois das 03,00 horas da madrugada deste sábado á altura do hotel Riazor da cidade herculina.

O mozo, un home duns 24 anos de idade, faleceu polos golpes recibidos por un grupo de persoas. Tras recibir o aviso, os profesionais de Urxencias Sanitarias 061 desprazados ao lugar trataron de reanimar á vítima no lugar dos feitos.

Finalmente, o mozo foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, onde faleceu.

Os primeiros indicios apuntan á posibilidade de que o conflito tivese como orixe unha gravación efectuada cun teléfono móbil que derivou no incidente.

O caso, sobre o que o xuíz de instrución decretou o segredo de sumario, está a ser investigado pola Policía Nacional.

Fontes consultadas  apuntan que os investigadores están a estudar as gravacións das cámaras de seguridade da zona onde aconteceu a pelexa para tratar de identificar as persoas involucradas no suceso.

Dotación da Policía Nacional
Dotación da Policía Nacional | Fonte: POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta