Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2021 | Actualizada ás 18:09
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, cargou este sábado contra o alcalde de Vigo, Abel Caballero, porque fai "o ridículo" coa súa "campaña contra o Xacobeo". "Calquera oportunidade para confrontar coa Xunta non a desaproveita", agregou.
En declaracións aos medios na presentación da iniciativa 'Instragrammers non Camiño', o tamén conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo ironizou con que o rexedor olívico "parécese ao Bloque" neste aspecto, xa que precisamente esta semana Galiza Nova --sección xuvenil do BNG-- presentaba unha polémica campaña titulada 'Rachemos co Xacobeo' para despois retirala.
Así, Rueda suxeriu tanto a Caballero como aos nacionalistas que "falen cos hostaleiros e cos que se benefician" de eventos como o Ano Santo. "Que saian fose e vexan que o Xacobeo é marca Galicia", dixo.
O vicepresidente da Xunta tamén lamentou que o alcalde de Vigo actúe con "ridiculeces que o retratan, con cousas que non entende ninguén", como o feito de que sexan os hostaleiros os que "tiveron que sinalizar o Camiño" na cidade. "Son sinsentidos cos que cada día se retrata máis no seu odio ao Camiño, que é digno de estudo", sentenciou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.