O encontro de surf Abanca Pantín Classic "coloca a Galicia como destino turístico deportivo de primeiro nivel"

Ademais da competición internacional, durante toda esta semana desenvolveuse o campionato galego de surf adaptado, "o que conseguiu demostrar que se pode desarrolar unha competición de primeiro nival sanitariamente segura".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2021 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

A praia de Pantín, no concello coruñés de Valdoviño, acolleu este domingo a entrega de premios das categorías masculina e feminina da 34ª edición da Abanca Pantin Classic Galicia Prol 2021, "unha das probas de surf máis importantes do calendario internacional", e que coloca a Galicia "como destino turístico deportivo de primeiro nivel".

Así se expresaron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, que participaron na entrega dos recoñecementos aos gañadores nas diferentes categorías da competición --"que se inclúe ademais na programación do Xacobeo 2021-2022"--, integrada na Qualifying Series da World Surf League (WSL), do único evento de Surf Profesional Internacional que se celebra en España e do terceiro máis antigo a nivel internacional, tal e como sinalou o Goberno galego nun comunicado.

Ademais da competición internacional, durante toda esta semana desenvolveuse o campionato galego de surf adaptado, "o que conseguiu demostrar que se pode desarrolar unha competición de primeiro nival sanitariamente segura".

A Consellería destacou que o apoio da Xunta a este tipo de eventos favorece, "non só a situación de Galicia como referente do turismo deportivo", senón que tamén serve para "avanzar no desenvolvemento dun modelo turístico sustentable, diversificado e de calidade"

CASETA 'GALICIA CALIDADE'

Nava Castro e Manuel Heredia visitaron tamén a caseta promocional co que a marca de garantía 'Galicia Calidade' "mostra aos visitantes a calidade dos produtos e servizos certificados".

Os asistentes ao Abanca Pantín Classic Galicia Surf que se achegaron ao posto promocional puideron participar en sorteos de noites de aloxamento, menús degustación e produtos certificados polo selo de garantía.

Arquivo - O surfeiro brasileiro Deivid Silva na praia de Pantín (A Coruña). DAMIEN POULLENOT - Arquivo
Arquivo - O surfeiro brasileiro Deivid Silva na praia de Pantín (A Coruña). DAMIEN POULLENOT - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta