"Son a roja de sempre"

Carmen Iglesias pedirá a adscrición ao grupo de AGE. Esta coalición decide esta semana o seu futuro, aínda que todos os partidos son partidarios de non aceptala. Ela insiste en ser deputada, sexa neste grupo ou "no Grupo Mixto".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/12/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"Son a roja de sempre". Así se presentaba este luns a futura deputada da Cámara galega Carmen Iglesias, que entra en substitución de David Fernández Calviño. Sen embargo, o seu futuro dentro desta institución aínda está no aire.

Carmen Iglesias, aínda deputada de Esquerda Unida
Carmen Iglesias, aínda deputada de Esquerda Unida | Fonte: diarioliberdade.org

"Eu teño intención de pedir a adscrición ao grupo de AGE", apuntaba ao recoller a súa acta nun trámite que, curiosamente, realizou acompañada dun asesor. Sen embargo, a súa intención pode quedar só niso, nunha intención, xa que o grupo no que foi elexida non a quere entre os seus membros.

Precisamente, a interparlamentaria de AGE reunirase esta semana para decidir o seu futuro, aínda que todas as formacións que integran esta coalición -Anova, Eu, Espazo Ecosocialista e Equo- están de acordo en que non forme parte do grupo.

"Ética política"

"É unha cuestión de ética política", apuntan fontes desta fronte a GC. "Ela intenta agora enmendar un pouco o que fixo pero xa non hai volta atrás. Foi moi incongruente e as súas accións teñen consecuencias graves", engaden.

Pola súa banda, Iglesias insiste en formar parte de AGE "Teñen que ser eles os que me acepten, porque vou defender o programa que defenden eles e que defendín cando fixen a campaña e o que penso que é o mellor programa político", apuntaba este luns.

Sen embargo, ela mesma recoñecía que os contactos cos membros do partido do que quere formar parte son nulos porque "non se lembraba" da última vez que falou con eles. De feito, a formación na que aínda milita, EU, abriulle un expediente que pode concluír coa súa expulsión.

En todo caso, o que si deixou claro é que será deputada, sexa en AGE, "ou no grupo mixto". A súa adaptación a nova tarefa será "día a día". "Eu veño da rúa total, nunca pisei este Parlamento, só nunha ocasión nunha protesta feminista. Vouno a tomar con calma porque quero facelo ben, se podo", concluía.

Os trámites pendentes

Carmen Igresias acudía este luns ao Parlamento galego para facer dous dos trámites imprescindibles para ser deputada na Cámara; recoller a súa acta e presentar a declaración de bens. Falta un terceiro paso para que sexa deputada formal, xurar o cargo. Pero iso será a vindeira semana, o día 16 que será cando teña lugar sesión parlamentaria. E, a partir dese día, o grupo de AGE terá cinco días para aceptala ou non baixo a súa disciplina. Será o presidente do grupo o encargado de anunciar á Presidencia da Cámara esa decisión.

A nova deputada de Ourense accederá ao escano en contra do criterio da súa formación, Esquerda Unida, que, para o equilibrio de forzas na coalición con Anova pretendía que deixase correr a lista unha vez que o deputado David Fernández Calviño, militante desta última formación, deixou o escano para dedicarse á investigación en Dinamarca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

14 E ti de quen ves sendo?

VIVA AGE!!!!! Política de altura!!! Martiño e cía, cando ides devolver o que roubastedes??? Ahh no que eso no es lo mismo ni tiene nada que ver, que díria la poeta-consorte!!!

13 fget

Eu estou disposto a crer. Ten unha oportunidade para demostralo e debe darselle. Que se faga notar cobrando os 1000 euros que os seus exsocios prometeran. O resto para fins sociais. PP, PSOE, UPG e PCE en evidencia!

12 Soy la roja de siempre

E aínda por riba , umha incompetente. http://www.vtelevision.es/informati...

11 Comunista (auténtico)

Sentenciaba François de La Rochefoucauld que a hipocresía é unha homaxe que o vicio rinde a virtude. O de "roja" non é precisamente polas colorins vermellas que saen na faciana por mor da vergoña. Mais tampouco nos enganemos, a hora da verdade esta señora é moito menos hipócrita que Pétain, Lacayo Lara e os Ricos e Martiños que poblan ese enxendro chamado AGEstoria do necionalismo español borbónico e sistémico en Galiza.

1 CAJA CAJE

AGEstoria? AGEncia de colocación (de impresentables)

10 Tece Penélope

Non sei, non sei... Pero ten unha cara tan semellante ás lideresas da UPG. Das de antes e das de agora.