"Son a roja de sempre"

Carmen Iglesias pedirá a adscrición ao grupo de AGE. Esta coalición decide esta semana o seu futuro, aínda que todos os partidos son partidarios de non aceptala. Ela insiste en ser deputada, sexa neste grupo ou "no Grupo Mixto".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/12/2013 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"Son a roja de sempre". Así se presentaba este luns a futura deputada da Cámara galega Carmen Iglesias, que entra en substitución de David Fernández Calviño. Sen embargo, o seu futuro dentro desta institución aínda está no aire.

Carmen Iglesias, aínda deputada de Esquerda Unida
Carmen Iglesias, aínda deputada de Esquerda Unida | Fonte: diarioliberdade.org

"Eu teño intención de pedir a adscrición ao grupo de AGE", apuntaba ao recoller a súa acta nun trámite que, curiosamente, realizou acompañada dun asesor. Sen embargo, a súa intención pode quedar só niso, nunha intención, xa que o grupo no que foi elexida non a quere entre os seus membros.

Precisamente, a interparlamentaria de AGE reunirase esta semana para decidir o seu futuro, aínda que todas as formacións que integran esta coalición -Anova, Eu, Espazo Ecosocialista e Equo- están de acordo en que non forme parte do grupo.

"Ética política"

"É unha cuestión de ética política", apuntan fontes desta fronte a GC. "Ela intenta agora enmendar un pouco o que fixo pero xa non hai volta atrás. Foi moi incongruente e as súas accións teñen consecuencias graves", engaden.

Pola súa banda, Iglesias insiste en formar parte de AGE "Teñen que ser eles os que me acepten, porque vou defender o programa que defenden eles e que defendín cando fixen a campaña e o que penso que é o mellor programa político", apuntaba este luns.

Sen embargo, ela mesma recoñecía que os contactos cos membros do partido do que quere formar parte son nulos porque "non se lembraba" da última vez que falou con eles. De feito, a formación na que aínda milita, EU, abriulle un expediente que pode concluír coa súa expulsión.

En todo caso, o que si deixou claro é que será deputada, sexa en AGE, "ou no grupo mixto". A súa adaptación a nova tarefa será "día a día". "Eu veño da rúa total, nunca pisei este Parlamento, só nunha ocasión nunha protesta feminista. Vouno a tomar con calma porque quero facelo ben, se podo", concluía.

Os trámites pendentes

Carmen Igresias acudía este luns ao Parlamento galego para facer dous dos trámites imprescindibles para ser deputada na Cámara; recoller a súa acta e presentar a declaración de bens. Falta un terceiro paso para que sexa deputada formal, xurar o cargo. Pero iso será a vindeira semana, o día 16 que será cando teña lugar sesión parlamentaria. E, a partir dese día, o grupo de AGE terá cinco días para aceptala ou non baixo a súa disciplina. Será o presidente do grupo o encargado de anunciar á Presidencia da Cámara esa decisión.

A nova deputada de Ourense accederá ao escano en contra do criterio da súa formación, Esquerda Unida, que, para o equilibrio de forzas na coalición con Anova pretendía que deixase correr a lista unha vez que o deputado David Fernández Calviño, militante desta última formación, deixou o escano para dedicarse á investigación en Dinamarca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

9 Pronóstico

Pronóstico. Carme vai entrar en AGE, E ninguén vai demitir, nen de EU nen de Anova. E, por suposto, nen Beiras nen Iolanda pedirán perdón á cidadania e ás militancias respectivas.

8 Incrible

IU ainda non botou atipa, incrible ¿Non hai naide en ANOVA que se decate de que AGE está morta e que hai que rompela XA?

7 AGE por Galiza

Non hai que darlle tantas voltas analíticas a un tema que non ten nada de político e responde só a que Iglesias quere amañar a súa pensión de xubilación con dous anos de cotización do Parlamento de Galiza.

1 fedello

Non hai que darlle voltas, non hai que darlle voltas...por moito menos montábades un cristo no Bloque. Hai ghoderse!!!

2 chairaas

Que ben falado!

6 Palleiro

A semana pasada fun falar con Carmen para que se integrara no grupo de Age. É unha gran persoa e un activo. Tratarei de traballar conxuntamente con ela. As chantaxes funcionan. Ademais se acepto esta chantaxe poderei despois chantaxear eu e propiciar que dimita un deputado de Esquerda Unida de Pontevedra para que entre Laura Ogando.

5 Maragota

Non sei por que están tan molestos en AGE. Se, como di Yoli e Beiras, o Parlamento non serve para nada, que máis lles dará quen ocupe os escanos.